Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Pedirán unha comisión de investigación sobre o cumprimento do contrato de CESPA con #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

cespa2Ante o que consideran "ausencia de explicacións por parte do alcalde de Nigrán", Esquerda Unida presentou unha moción no concello para que se cree unha comisión de investigación sobre o grado de cumprimento dos servizos que debe prestar CESPA no concello de Nigrán, así como o plan de investimentos que esta empresa tiña que ter realizado no ano 2013.
A parte de servizos que se tiñan que cumprir como o da recollida de restos de podas ou o punto limpo móbil, Esquerda Unida ten constancia de que polo menos 200.000 euros do plan de investimentos non se executaron. Todos estes incumprimentos supoñen un aforro de custes para a empresa concesionaria que deberían ser repercutidos nunha aforro da factura que paga o concello de Nigrán a citada empresas, que tamén deberá ser investigado pola citada comisión.

O alcalde de Nigrán recoñece agora a inminente rescisión do contrato coa empresa redactora do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

A empresa redactora atópase en proceso de liquidación logo de pasar un proceso de concurso de acreedores.

O concello negou até o último momento as denuncias de UCN e PSOE sobre a ruptura das relacións entre o concello e a UTE Tinsa- Arnáiz Consultores, así como o estancamento do PXOM dende a súa aprobación inicial.

Antonio Fernández (UCN) sinala unha neglixencia por parte do alcalde ao levar á aprobación inicial o PXOM coa finalidade de que a empresa percibira o 25% do prezo fixado no contrato, pese a entregar un documento "impresentable".

O alcalde Alberto Valverde negociará con Arnaiz Consultores unha cesión do contrato a outra empresa co fin de non paralizar a tramitación do PXOM, segundo expresou esta mañá na reunión de portavoces municipais. Unha "previsible entrada en liquidación concursal" da actual redactora do documento urbanístico (Arnaiz Consultores) "obriga a iniciar o trámite formal para unha posible rescisión" segundo establecen as cláusulas do contrato, explicou o rexedor. Nese senso, adiantou que trasladará á empresas que conforman a UTE a cargo da tramitación do PXOM, a apertura dun procedemento "para resolver esta situación nun prazo de 10 días".

Centenares de contenedores, algúns deles con lixo, acumulados en Porto do Molle dende fai 8 meses

Correo-e Imprimir PDF

Moitos dos contenedores están cheos de restos de xardinería e lixo en descomposición.A imaxe xa forma parte da estampa de Porto do Molle en Google Maps dende fai meses e mesmo algúns veciños chegaron a bautizar a rúa como "a calle dos contenedores".

Un centenar de contenedores de carga lateral atópanse apilados no parque de Porto do Molle adornando unha das rúas do polígono. Trántanse dos contenedores que a empresa CESPA, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbáns no concello de Nigrán, substituiu no ano 2013 tal e como era preceptivo no controvertido contrato público asinado por esta hai nove anos.

Critican ao alcalde de Nigrán por pedir 300€ de “adianto” para viaxar a Madrid cando “gaña 60 mil ao ano”

Correo-e Imprimir PDF

Entrega do PXOM á Xunta antes da aprobación inicial.UCN cuestiona que o alcalde de Nigrán pedira 300€ de adianto para viaxar a Madrid cando gaña máis de 65.000€ ao ano entre o soldo de rexedor e deputado.

Tamén que dita viaxe, efectuada en febreiro e vinculada a unha reunión coa empresa Arnaiz Consultores, redactora do PXOM, a mantivese “oculta” nunhas supostas “negociacións por detrás da corporación” para rescindir a vinculación coa citada empresa. O Decreto que autorizou o “adianto” ao alcalde Alberto Valverde e asinado polo tenente de alcalde, Alberto García, foi dado a coñecer este venres polo edil opositor Antonio Fernández Comesaña (UCN).

No correr da xornada, o Concello de Nigrán emitiu un desmentido, asegurando que “ao día de hoxe non existe tal renuncia” (desvinculación) e replicando a Fernández Comesaña coa esixencia que aclare a súa “suposta vinculación “ co aluguer dun local á concesionaria CESPA, propiedade na que figura como socia a muller do edil, así como por ter percibidos hai uns anos “60.000 euros por parte doutra administración por un traballo de tres meses” sendo membro político da corporación municipal e cunha excedencia como funcionario” de Nigrán. Fernández contestou a VM sobre estas denuncias do rexedor.

UCN denuncia a “obstrución” do alcalde de #Nigrán na fiscalización de 10 expedientes urbanísticos.

Correo-e Imprimir PDF

antonio fernandezUCN presentou o pasado 7 de abril dous escritos nos que consulta a situación de 10 expedientes urbanísticos actualmente a trámite no Concello de Nigrán. O portavoz Antonio Fernández afirma que as devanditas solicitudes forman parte das funcións de control e fiscalización que lle corresponden como grupo opositor. A contestación da alcaldía debía chegar nos 5 días naturais segundo a lei, sen embargo, foi o pasado 22 de abril cando recibiu unha citación para unha vista dos expedientes o vindeiro 8 de maio en dúas quendas. Por riba, o concelleiro denuncia que a documentación non lle será entregada para o seu estudo na oficina que ocupa o grupo mixto senón na planta baixa da casa consistorial, vulnerando para UCN, outra disposición legal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL