Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN denuncia a “obstrución” do alcalde de #Nigrán na fiscalización de 10 expedientes urbanísticos.

UCN denuncia a “obstrución” do alcalde de #Nigrán na fiscalización de 10 expedientes urbanísticos.

Correo-e Imprimir PDF
antonio fernandez

UCN presentou o pasado 7 de abril dous escritos nos que consulta a situación de 10 expedientes urbanísticos actualmente a trámite no Concello de Nigrán. O portavoz Antonio Fernández afirma que as devanditas solicitudes forman parte das funcións de control e fiscalización que lle corresponden como grupo opositor. A contestación da alcaldía debía chegar nos 5 días naturais segundo a lei, sen embargo, foi o pasado 22 de abril cando recibiu unha citación para unha vista dos expedientes o vindeiro 8 de maio en dúas quendas. Por riba, o concelleiro denuncia que a documentación non lle será entregada para o seu estudo na oficina que ocupa o grupo mixto senón na planta baixa da casa consistorial, vulnerando para UCN, outra disposición legal.

Se ben Fernández non adianta os motivos polos cales desexa estudar os devanditos expedientes, da resposta da alcaldía despréndese que os mesmos refiren a tres licenzas de apertura de negocios , catro expedientes de restauración de legalidade urbanística, dúas licenzas de primeira ocupación e mais outra para reforma dun edificio con destino a hotel.
A demora e as formas con que a alcaldía concede a vista dos devanditos expedientes, ten para Fernández a intención de " entorpecer e ningunear á oposición", nas súas función de fiscalización e control do goberno local. Advirte que as consultas están feitas segundo o que as leis atribúen aos grupos opositores aínda que ao alcalde lle "resulte incómodo".