Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida pide unha auditoría do cumprimento do contrato do Concello de Nigrán con CESPA.

Esquerda Unida pide unha auditoría do cumprimento do contrato do Concello de Nigrán con CESPA.

Correo-e Imprimir PDF
Contenedores de carga lateral e pezas de formigón de delimitación dos espazos.

O plan de investimentos para o ano 2013, presentado por CESPA ao Concello de Nigrán en setembro de 2012 e aprobado no pleno celebrado o 25 de outubro de 2012, prevía un gasto de 1.825.205 euros. Dito plan contaba co informe favorable do dimitido concelleiro de Vías e Obras, José Álvarez, impustado no proceso de investigación da Operación Patos. Sen embargo, Esquerda Unida afirma ter indicios de que polo menos 200.000 euros de dito plan de investimentos non se executaron.

Por mor disto, Esquerda Unida pide explicacións públicas ao alcalde da razón sobre o plan de investimentos que CESPA tiña que ter realizado no ano 2013. Tamén pide que aclare se lle pagan a CESPA os servizos ou investimentos que non realiza. No caso de que estas explicacións, acreditadas documentalmente, non sexan convincentes, presentarán unha moción para que se faga unha auditoría para coñecer o cumprimento do contrato que o Concello de Nigrán ten coa empresa para prestar o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria.

Faltan 70 colectores dos 280 que debía prover o plan de investimentos.

Un exemplo destes incumprimentos segundo EU sería que no 2013 CESPA tiña que prover de 280 colectores de carga lateral de 2400 litros de residuos sólidos urbanos, valorados en dito plan en 905 euros cada un. A comprobación que fixo Esquerda Unida do número de colectores que existen nas rúas de Nigrán resultou nun total de 210 unidades, número que ademais aparece nas etiquetas destes equipamentos. “Por elo pensamos que só se adquiriron 210 unidades, da totalidade prevista no plan” sinalan dende a agrupación de esquerda .

Para Esquerda Unida a non execución deste plan na súa totalidade supón un aforro de custes financeiros para a empresa concesionaria que deberían ser repercutidos nun aforro da factura que paga o Concello a dita empresa.

Outros aspectos que compre aclarar é a valoración dalgún dos investimentos, entre os que EU salienta as “pezas de formigón para delimitar os espazos de contenedores de carga lateral” valoradas en 440 euros cada unha.

A este presunto incumprimento do plan de investimentos, se lle unen supostos incumprimentos do contrato aos que tamén se teñen referido os concelleiros de Nigrán, nas últimas dúas lexislaturas, entre os que Esquerda Unida destaca a ausencia de punto limpo móbil, a recollida de restos de podas, entre outros.

Un mal que vén de lonxe

Para José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, a boa xestión dos concellos ten que orientarse a defensa dos intereses da veciñanza e do diñeiro que pagan a través de impostos, cunha vixilancia das empresas contratadas polo Concello para que cumpran os contratos. Esta orientación da xestión “parece que non se da en Nigrán, xa que os últimos gobernos municipais tiveron informes sobre supostos incumprimentos por parte desta concesionaria, sen que se coñezan que se adoptaran medidas para non pagar servizos non realizados”. Tamén indica que a transparencia neste caso e de gran importancia xa que, “tanto o dimitido concelleiro de Vías e Obras como membros da empresa están implicados no sumario coñecido como operación Patos”.

EU pedirá a modificación do plan de investimentos na parte non executada.

Por último, Esquerda Unida anuncia que pedirá a modificación deste plan de investimentos na parte non executada, para que se mellore o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. “Non deben facerse investimentos innecesarios. Por poñer un exemplo, debe dotarse de papeleiras nas zonas do interior do concello, en vez de retirar material en bo estado de uso, como se fixo con os contenedores que aínda se atopan en perfecto estado almacenados no Porto do Molle”.

Esquerda Unida anuncia que publicará no seu BLOG toda a información relativa ao plan de investimentos, así como aos supostos incumprimentos do contrato de CESPA.

A empresa CESPA está sendo investigada na operación anticorrupción da Operación Patos, onde se investigan a licitacións e contratos públicos axudicados a varias empresas e a implicación dos responsables políticos de cada caso,