Mércores, 6 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán renovará parte do parque de maquinaria de limpeza a través dun acordo con CESPA.

Nigrán renovará parte do parque de maquinaria de limpeza a través dun acordo con CESPA.

Correo-e Imprimir PDF
cespa2

O Concello de Nigrán renovará parte do seu parque de maquinaria destinada á limpeza viaria e recollida de lixo, a través dun acordo coa empresa CESPA, concesionaria do servizo. A operativa foi acordada na comisión de contas do pasado venres, na que se informou que a operación , duns 300 mil euros que investirá CESPA, permitirá a incorporación de tres camións, dez equipos multiusos para limpeza viaria, beirarrúas e superficies verticais, así como novas papeleiras e colectores para o municipio.

O alcalde Alberto Valverde, informou que a empresa concesionaria mellorará o plan de investimentos previsto no 2004, superando en 300.000 euros as previsións prantexadas daquela, totalizando agora os 1.825.000 euros de investimento.

Nese senso, Valverde salientou que o investimento o asumirá nun 100% a empresa concesionaria CESPA, polo cal "no repercutirá a las arcas municipales".