Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

EU reclama “transparencia” nos orzamentos de #Nigrán e publica os borradores no seu blog.

Correo-e Imprimir PDF

jose cuevas euEsquerda Unida lamenta a falta de transparencia con que estanse a tramitar os orzamentos de Nigrán, "sen que nin o equipo de goberno nin os grupos da oposición fagan público o borrador". Nese senso informan que van publicar no seu blog a memoria da alcaldía, así como as bases orzamentarias. Lembra o seu voceiro, José Cuevas, que este exercicio de transparencia non e novo. Sinala que o seu grupo político é o único que publicou os orzamentos do concello durante o ano 2012 e as contas dos anos 2008, 2009 e 2010.

#Nigrán : Dous edís do PP abandonan o pleno enfadados tras perder a votación.

Correo-e Imprimir PDF

garcia pazosAs nove mans en alto da oposición deixaban polo chan o proxecto de orzamento presentado polo goberno popular de Nigrán. En medio dun cruce de voces entre as distintas bancadas érguese o concelleiro Alberto García Pazos (Economía) e di algo que a maioría dos presentes non rematan de entender. Inmediatamente o concelleiro Antonio Souto (PP) acompaña a decisión de García e ambos os dous deixan o pleno antes do seu remate.

O goberno de Nigrán perde a votación no pleno e deberá prorrogar os orzamentos de 2013.

Correo-e Imprimir PDF

alcalde nigran concelleiro urbanismo plenoA oposición en bloque votou negativamente o proxecto de ingresos e gastos que para 2014 presentou o equipo de goberno do rexedor Alberto Valverde (PP) na sesión celebrada na mañá deste xoves.  O debate foi tenso e o rexeitamento da oposición (9 votos contra 8 do oficialismo), provocou o enfado do edil popular Alberto García Pazos, responsable de Economía, quen abandonou a sesión inmediatamente acompañado do tamén concelleiro do PP, Antonio Souto. 

UCN endurece o enfrontamento o alcalde de Nigrán e adianta que votará en contra a proposta orzamentaria.

Correo-e Imprimir PDF

UCN insiste que votará en contra da proposta de orzamentos elaborada polo equipo de goberno de Nigrán “non só polo desprezo e falta de respecto ás propostas formuladas polo noso grupo, senón tamén a que se trata dun orzamento baseado no incremento da presión fiscal aos veciños”.  Segundo o edil Fernández Comesaña (UCN), o mesmo plantexa incrementos do IBI, así como da ordenanza de carruaxes “que supuxo un incremento de máis do 200% en vivendas”.  A iso agrega a recadación por multas de tráfico “que o ano pasado foi duns 180 mil euros, e que este ano incrementan en case un 6% pasando a 190 mil euros, o que demostra un desmesurado afán recadatoiro, así como no servizo de abastecemento de augas que se cobra por un mínimo de 60 m3 trimestre, independentemente do consumo real, o que invita ao despilfarro, no canto do seu cobro por consumo real, que resulta máis racional”.

OVALMI pide ao alcalde de Nigrán manter a dirección única do tráfico na Rúa Mariñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

comerciante-panxonA asociación que nuclea a empresarios e comerciantes do Val Miñor (OVALMI) presentou un escrito ao alcalde Alberto Valverde para que non modifique o sentido único da Rúa Mariñeiro en Panxón.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL