Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O alcalde deixa fóra ao pleno municipal no outorgamento dos Premios #Nigrán 2014.

Correo-e Imprimir PDF

II entrega dos premios Nigrán 2013 - Imaxe - Concello de Nigrán-Ao saltarse o rexedor a normativa municipal que rexe a concesión de “honores, premios e distincións”, UCN afirma que Valverde converteu os Premios Nigrán nun “mero acto propagandístico do goberno local e do PP”

Dende o ano 2000 é obrigatoria a resolución do pleno para outorgar premios.

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, denuncia que o alcalde Alberto Valverde, ignorou ao Pleno da Corporación Municipal, para a concesión dos premios Nigrán 2014. O edil sinala que o rexedor saltouse o Regulamento de Honores e Distincións do Concello de data 29 de setembro de 2000, sendo alcalde Manuel Rial Cadaval (BOP do 9/2/2001), onde se regulan as normas e o procedemento para a concesión de honores, premios e distincións, que outorgue o Concello de Nigrán. Así no seu artigo 15.3 establece que: “corresponde ó Pleno do Concello adoptar a resolución que proceda”.

EU denuncia que se perderon 763 postos de traballo durante o mandato do PP en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

-EU aporta datos do IGE que sinalan unha perda do 30% de afiliacións á Seguridade Social de menores de 35 anos durante o mesmo períódo. Agrega que o 90% dos novos contratos asinados son temporais. 

Esquerda Unida sae ao cruce dun comunicado oficial do Concello de Nigrán onde o alcalde gabábase da existencia de 95 parados menos en Nigrán co respecto ao mes de marzo. Se ben EU admite que é certa a información da alcaldía, baseada nas cifras aportadas pola Consellaría de Traballo, afirman que "as estatísticas completas " demostran que dende que Alberto Valverde chegou ao goberno municipal o número de veciños que ten un posto de traballo descendeu un 11,61%, segundo o Instituto de Estatísticas de Galicia (IGE).
Segundo a mesma fonte, en xullo de 2011 cando o rexedor tomou o cargo, había 6.572 empadroados en Nigrán afiliados á Seguridade Social, mentres que a marzo de 2014 o rexistro baixou a 5.809.

UCN teme que o PP opte por prorrogar os orzamentos 2014 de #Nigrán para evitar consensuar coa oposición.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranO concelleiro da UCN, Fernández Comesaña fai un chamado aos edís da oposición para levar adiante unha proposta común cara ao debate dos orzamentos 2014 que aínda están sen aprobar no concello de Nigrán. Afirma que a falla de resposta do PP aos intentos para acadar acordos que até por escrito achegaron dende UCN e o PSOE amosa unha clara intención do rexedor Alberto Valverde por evitar negociacións a pesar de gobernar en minoría.

Esquerda Unida recomenda ao alcalde que faga borrón e conta nova co PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O PXOM contemplaba a urbanización dunha parcela de Mario Puentes cedida como parking durante o veránPara Esquerda Unida a situación da tramitación do PXOM era a crónica dunha morte anunciada por iso pide "borrón e conta nova"

 

Así o manifestou nun comunicado o seu portavoz, Jose Cuevas. ante a decisión da posible rescisión do contrato á empresa adxudicataria TINSA - ARNAIZ.

Sen empresa redactora e con poucos cartos ábrese unha nova etapa do PXOM de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de aprobación inicial do PXOM en xuño de 2013O concello xa pagou á empresa redactora TINSA - ARNAIZ  120.000 euros polo 50% do proxecto executado, pese a levar á aprobación un documento con innumerables erros de base.

Contestar e investigar máis dun milleiro de alegacións ao PXOM, corrixir unha cartografía desfasada de Nigrán e cuantiosos erros técnicos do documento serán algúns dos primeiros pasos que deberá asumir a nova empresa redactora segundo a oposición. Para enfrontar ese obxectivo só contará  coa metade dos 200.000 euros asignados no seu momento para a totalidade do PXOM ao ter xa abonados o Concello dúas das catro etapas nas que foi orzamentado a razón dun 25% cada unha, ademais dunha extra de 20 mil euros.  A pregunta que rolda agora é se serán suficientes eses 100.000 mil euros restantes para acometer a nova tramitación.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL