Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O alcalde deixa fóra ao pleno municipal no outorgamento dos Premios #Nigrán 2014.

O alcalde deixa fóra ao pleno municipal no outorgamento dos Premios #Nigrán 2014.

Correo-e Imprimir PDF
II entrega dos premios Nigrán 2013 - Imaxe - Concello de Nigrán

-Ao saltarse o rexedor a normativa municipal que rexe a concesión de “honores, premios e distincións”, UCN afirma que Valverde converteu os Premios Nigrán nun “mero acto propagandístico do goberno local e do PP”

Dende o ano 2000 é obrigatoria a resolución do pleno para outorgar premios.

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, denuncia que o alcalde Alberto Valverde, ignorou ao Pleno da Corporación Municipal, para a concesión dos premios Nigrán 2014. O edil sinala que o rexedor saltouse o Regulamento de Honores e Distincións do Concello de data 29 de setembro de 2000, sendo alcalde Manuel Rial Cadaval (BOP do 9/2/2001), onde se regulan as normas e o procedemento para a concesión de honores, premios e distincións, que outorgue o Concello de Nigrán. Así no seu artigo 15.3 establece que: “corresponde ó Pleno do Concello adoptar a resolución que proceda”.

Os premios Nigrán 2014 quedan sen “amparo nin cobertura legal”.

UCN afirma que tales distincións que o alcalde vai entregar o vindeiro venres, non foron aprobadas polo Pleno da Corporación, “como é preceptivo”, polo que asegura “podemos estar ante uns premios ou distincións, que non contan con amparo nin cobertura legal, nin moito menos, do consenso político de toda a Corporación”.

En protesta UCN non acudirá á entrega de premios.

Fernández adianta que UCN non acudirá aos actos en protesta polo que entende un incorrecto proceder do gobernante PP, así como por “respecto aos galardoados e por coherencia”. Agrega que UCN recoñece o valor de “todos os candidatos propostos” mais aínda recoñecendo, ter todos acreditados méritos máis que suficientes, polo seu traballo demostrado en favor da cultura, deporte, benestar etc, malia que UCN non fixo proposta algunha, o que non lle impide dialogar e buscar o consenso necesario.

O Premios Nigrán: “mero acto propagandístico do PP”.

Fernández Comesaña, “lamenta seriamente a utilización política en que está convertendo o PP, a concesión dos premios Nigrán”. Afirma que “non foi moi afortunado facer público os candidatos propostos polo PP como polo PSOE, o que veu a xerar confusión e falsas expectativas, e o que é peor, demostra unha falta de respecto cara os colectivos e entidades propostos e non seleccionados”.  Advirte que deste xeito o premio estase convertendo nun “mero acto propagandístico do goberno local e do PP, máis que dun recoñecemento real ao labor dos galardoados”.

Nominacións do goberno municipal dos Premios Nigrán 2014

Entre os postulados polo goberno municipal atópanse a Asociación Española Contra o Cáncer-Val Miñor, na categoría social,; o Centro Cultural e Recreativo “O Torreiro” de Priegue na categoría cultural,; e o CPI de Panxón como premio ao mérito educativo

Na categoría deportiva, o goberno municipal propón aos tres clubs de bolo celta de Nigrán, o Club Bolos de Ceán, o da Carrasca e o de Camos.

Como premio ao mérito empresarial o equipo de goberno propón á Panadería La Pintora, que este ano celebra a súa 130 aniversario. O candidato ao premio á innovación á empresa dedicada ás Enerxías Renovables Polyper Genève