Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Desaparecen os pasos de cebra e outros elementos de seguridade nas rúas Tomás Mirambel e Torreiro

Desaparecen os pasos de cebra e outros elementos de seguridade nas rúas Tomás Mirambel e Torreiro

Correo-e Imprimir PDF
rua torreiro1
rua torreiro2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A intervención en ambas rúas é considerada deficiente por parte do PSOE. "O único que se fixo é un pintado con asfalto", denuncia a agrupación en relación ás obras desenvolvidas pola Deputación nas rúas Tomás Mirambel (Panxón) e Torreiro (Priegue). Agregan que a nova capa de asfalto non chega a cubrir os pequenos buratos das rúas "nin é quen de adherir a grava na superficie da estrada".

Empeoramento da seguridade peonil
Para o PSOE o "desastre" da actuación complétase coa supresión de pasos de cebra, dos que xa so se mantén a sinalización vertical que anuncia a súa "ausencia" así como das bandas redutoras de velocidade. Nese senso esixen ao goberno local que pida á Deputación de Pontevedra que volva a pintar os pasos de cebra e recuperen as medidas de seguridade e control de velocidade que existían con anterioridade á intervención.
De tal xeito, advirten os socialistas, que estas obras "se convertan nunha mellora dos nosas estradas e non tan só nun anuncio electoral".