Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Fernández Comesaña nega ser o responsable dos procedementos xudiciais contra o Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) rexeita as acusacións vertidas polo alcalde Alberto Valverde o pasado fin de semana, de ser causante e copartícipe en tres procedementos xudiciais entaboados contra o concello. Fernández sinala nun comunicado que a súa responsabilidade cando ocupaba o cargo de concelleiro de Servizos Urbanos e infraestruturas de Nigrán, só deu conformidade" a algunha das facturas reclamadas e que non foron pagadas no seu día".

Valverde acusa a ex mandatarios de ser responsables dos gastos xurídicos que enfronta Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O rexedor municipal sinala que “absolutamente todos e cada un dos gastos de relevancia xerados nesta partida” son por preitos orixinados en mandatos anteriores, “sendo o concelleiro de UCN, Antonio Fernández Comesaña, participante directo en polo menos tres de eles”, indica nun comunicado. Así Valverde responde ás acusacións do edil Antonio Fernández (UCN) sobre o excesivo gasto que en facturas de avogados enfronta o concello dende 2013. Cifra que segundo Fernández superan os 250 mil euros e que Valverde baixa a 201.125,84 euros. A todo isto o alcalde non descarta contemplar a viabilidade legal de iniciar procedementos de reintegro ás arcas municipais das contías gastadas polo concello “cara a aquelas persoas físicas relacionadas con algún destes procedementos, para que respondan co seu patrimonio, se procede”.

A oposición presenta un proxecto propio de orzamentos para Nigrán e rexeita o plan do goberno.

Correo-e Imprimir PDF

Por segunda vez o proxecto de orzamento presentado polo goberno en minoría de Nigrán quedaron rexeitados polo pleno. Sen embargo, unha enmenda ao mesmos elaborada pola UCN e consensuada co PSOE, BNG e o concelleiro non adscrito Ignacio Vilas podería dar solución ao tema. A iniciativa pasou a informe dos servizos económicos municipais os que deberán dar o seu veredicto antes da súa consideración final nun novo pleno.

Desaparecen as laxes gravadas con textos do escritor Carlos Casares do Paseo de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

CAM00077Onde están as laxes gravadas cos textos de Carlos Casares? A pregunta está en boca dos veciños e visitantes que trala recente apertura do paseo marítimo de Panxón non logran atopalas.  Espalladas no chan formaban  un conxunto cultural co monólito que lembra a Casares no inicio do paseo.  As pezas formaban parte dunha homenaxe do Concello de Nigrán ao senlleiro escritor e xornalista ourensán que residira por moitos anos en Vilariño e cuxos restos descansan dende 2002 no cemiterio de San Fiz. Nin a Xefatura Provincial de Costas que cambiou o pasado mes as antigas laxes do paseo por baldosas , nin o Concello de Nigrán deron ata de agora unha explicación pública do retiro e o destino final das mesmas.

Nigrán afronta 253 mil euros en facturas a avogados en 2013, un 290% máis do previsto.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranAs arcas municipais teñen que afrontar 253.650€ en concepto de pago de honorarios de avogados por mor dos diversos litixios que enfrontou o Concello de Nigrán no 2013. Este desembolso representa un incremento dun 290% do previsto inicialmente nos orzamentos para ese ano, que era de 65.000€. A maiores o portavoz de Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, denuncia que o alcalde Alberto Valverde está “contratando a dedo”, aos profesionais que representan á administración, “xa que se está levando a cabo sen o correspondente expediente de contratación”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL