Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A desfeita dos petrógifos de Chandebrito recibe "silencio administrativo" como medida de protección.

Correo-e Imprimir PDF

Chan de Rapadouro Foto Angel de Prado

Cúmprese un mes da denuncia dos veciños da parroquia que atoparon totalmente estragados os petróglifos das Chans de Rapadouro e da Lapela. Sen embargo nin denuncia pública polo atentado patrimonial, nin iniciativa algunha se coñece do goberno de Nigrán para dotar de protección a estes xacementos de arte rupestre de Chandebrito. Alcalde e concelleiras de Patrimonio e Cultura gardan silencio ante os feitos.

Non temos novidade algunha nin da Consellería de Cultura da Xunta nin do Concello de Nigrán, a pesares de remitirlle a denuncia por escrito tanto fisicamente como por correo electrónico” denuncia Carlos Gómez Costas, voceiro da Asociación Veciñal e Cultural “Chandebrito 1807”, consultado por VM.info. Por riba, o colectivo preocupado pola impunidade dos autores do delito consultou á Dirección Xeral de Patrimonio, recibindo como resposta que “non había nada acerca do asunto, e que era moi complicado se non se ten pista algunha da autoría dos feitos”.

 

IMG 0003

Todo segue igual nos xacementos deturpados.

Os paneis informativos e os valos de protección destes petróglifos desapareceron do lugar sen que se repuxeran”, sinala Carlos Gómez. E así segue un mes despois, este espazo arqueolóxico que agocha rochas gravadas de máis de 4000 anos de antigüidade así como outros bens de alto valor histórico e etnográfico e que contaron cunha subvención de 150.000 euros con cargo aos fondos do programa Proder da Unión Europea para a súa musealización.

O “silencio administrativo” do Concello de Nigrán.

O Concello de Nigrán non se comunicou para nada con nós sobre este asunto, a pesares de enviar a denuncia ao rexistro xeral, e aos enderezos de correo das concellerías de Patrimonio Cultural e de Cultura e á secretaria do alcalde e ao grupo municipal do PP,  polo que pensamos que lles dá un pouco igual” denuncia Carlos Gómez.  Engade que nin a Delegación Territorial da Consellería de Cultura nin a Dirección Xeral de Patrimonio tampouco se puxeron en contacto con eles nin saben si estiveron a visitar os espazos estragados.

O pleno de Nigrán rexistrou unha consulta ao alcalde no último pleno.  A agrupación do PSOE no espazo de Rogos e Preguntas preguntoulle ao alcalde Alberto Valvarde (PP) se podía informar sobre o acontecido en Chandebrito. Na sesión –cuxa acta aínda non está publicada na web do Concello de Nigrán- Valverde zanxou o tema respondendo que o tema estaba en mans da Xunta de Galicia.

Os veciños están dispostos a pedir a intervención do Valedor do Pobo.

A Asociación ten pensado denunciar este tema ante outras instancias, “primeiro porémonos en contacto coa Xunta e o Concello no mes de setembro e logo tomaremos as medidas que consideremos oportunas”, sinalan indignados dende o colectivo. Tampouco descartan pedir a intervención do Valedor do Pobo, “pola indefensión que sufrimos por este e outros asuntos por parte da Administración”. Aseguran non estar dispostos a que as administracións responsables “pasen olímpicamente destes temas, sabendo ademais que estes bens gozan por lei da maior grao de protección legal ao ser considerados Bens de Interese Cultural (BIC)”.

Aumentan en máis de 1 hectárea o espazo protexido das dunas de Praia América e Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

proteccion dunas nigranEsquerda Unida amosa satisfacción pola inclusión da súa alegación para que de todas as áreas recuperadas do ecosistema dunar Praia América – Panxón como espazo natural de interese local (ENIL) foran recollidas pola Xunta de Galicia. A medida, aínda que con carácter provisorio permite incluír nos limites de dito espazo parte das zonas recuperadas na primeira e terceira fases de recuperación do sistema dunar, realizadas nos anos 2005 e 2006, así como a totalidade da quinta fase realizada no ano 2008. Feito que non recollía inicialmente a documentación orixinal exposta ao público polo Concello de Nigrán segundo EU. Sen embargo, salientan que a alegación presentada por esa agrupación quedou recollida finalmente na resolución de ampliación do ENIL que pasa de 2,2 hectáreas protexidas con anterioridade ás 3,58 Ha, actuais, tras resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do pasado 4 de xullo e publicada no DOG o día 17 dese mes.

Actualización: Con carácter similar á alegación presentada por Esquerda Unida ao documento orixinal, tamén foi presentada na mesmas datas e co mesmo fin outra pola Asociación de defensa medioambiental Salvemos Monteferro, cuxo texto publicamos en arquivo adxunto.

A Garda Civil detivo ao suposto autor de varios roubos no interior de vehículos nas praias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

aparcemento praiasA Garda Civil comunica a detención de a JA.M.M., de 50 anos de idade e veciño de Vigo, como suposto autor dun delito continuado de roubo con forza no interior de catro vehículos estacionados en distintos aparcadoiros das praias de Nigrán. A captura tivo lugar na mañá de onte, día 5 grazas a un operativo orixinado tras unha chamada de colaboración cidadá que requiriu a presenza da Garda Civil nun estacionamento de Praia América, "xa que observan unha persoa en actitude sospeitosa", segundo da conta a institución.
Segundo o informe da Garda Civil, unha patrulla do posto de Baiona acode ao lugar e unha vez localizado o sospeitoso e cando intentaban identificalo, este dáse á fuga nunha motocicleta a gran velocidade perdendo o control do vehículo e caéndose ao chan.

Bombeiros traballan arestora para apagar un lumen declarado no vertedoiro ilegal de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Efectivos do GRUMIR e da Xunta tentan apagar o lume.As lapas prenden arestora no vertedoiro ilegal do concello de Nigrán no barrio de Camesella  (San Pedro), onde bombeiros da Xunta e Grumir afánanse en extinguilo.

As causas do lume ainda non foron esclarecidas, pero coinciden coas tarefas de retirada das toneladas de lixo e entullo acumulado no vertedoiro ilegal.

UCN afirma que Valverde nunca tivo a intención de estender os campamentos infantís ao mes de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

Só dispoñía de 4 mil euros a tal fin nas partidas que presentou e finalmente non foron aprobadas polo pleno. Así o asegura Antonio Fernández (UCN), quen advirte que os concelleiros populares de Nigrán menten ao dicir que os campamentos infantís non se poderán desenvolver en agosto polo  feito de non ter  aprobados os orzamentos 2014. Pola contra, asegura que os orzamentos prorrogados de 2013 aseguraban unha partida maior, superior aos 9 mil euros. Fernández asegura que en realidade o goberno nunca quixo facer a devandita actividade en agosto, pois a partida de 2013 só permitía cubrir os custes dun mes das actividades de conciliación familiar.

Neste senso, Antonio Fernández, desmente as manifestacións realizadas polo Tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Alberto García, na que xustifica a non realización das actividades do campamento de verán durante o mes de agosto, como consecuencia do rexeitamento e non aprobación do orzamento municipal por parte da oposición no pasado pleno.  Sinala que “por non ser certas tales afirmacións, que só buscan confundir aos cidadáns”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL