Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UCN afirma que Valverde nunca tivo a intención de estender os campamentos infantís ao mes de agosto.

UCN afirma que Valverde nunca tivo a intención de estender os campamentos infantís ao mes de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

Só dispoñía de 4 mil euros a tal fin nas partidas que presentou e finalmente non foron aprobadas polo pleno. Así o asegura Antonio Fernández (UCN), quen advirte que os concelleiros populares de Nigrán menten ao dicir que os campamentos infantís non se poderán desenvolver en agosto polo  feito de non ter  aprobados os orzamentos 2014. Pola contra, asegura que os orzamentos prorrogados de 2013 aseguraban unha partida maior, superior aos 9 mil euros. Fernández asegura que en realidade o goberno nunca quixo facer a devandita actividade en agosto, pois a partida de 2013 só permitía cubrir os custes dun mes das actividades de conciliación familiar.

Neste senso, Antonio Fernández, desmente as manifestacións realizadas polo Tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Alberto García, na que xustifica a non realización das actividades do campamento de verán durante o mes de agosto, como consecuencia do rexeitamento e non aprobación do orzamento municipal por parte da oposición no pasado pleno.  Sinala que “por non ser certas tales afirmacións, que só buscan confundir aos cidadáns”.

Como se montaron as campamentos infantís en Nigrán.

Segundo datos aportados por UCN, a convocatoria inicial cubría única e exclusivamente para o período do 25 de xuño ao 31 de xullo, con horarios de 9 a 14 horas (ordinario), ou de 8 a 15 horas (ampliado), fixando o prezo público aprobado na ordenanza de 75 e 85 euros respectivamente, a pagar polos usuarios.

Nas bases da convocatoria, aprobadas por decreto do alcalde de data 3/6/14, a parte do citado período tamén se regulaba o número de prazas (80) e destinadas a nados entre os anos 2003 e 2009, e que ademais, o campamento seria cofinanciado polos participantes, a Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Que o campamento foi adxudicado á empresa “Imaxina Servizos educativos e culturais”, polo prezo de 9.200€, dos 6.150€ estaba previsto recadar dos usuarios, sendo financiados os 3.050€ restantes, por subvención da Xunta e do Fondo Social Europeo.

Que no ano 2013, o citado campamento de verán unicamente levar a cabo durante un mes, polo que o gasto imputado na partida 3372/2269900 do orzamento municipal, foi de 9.192,48€.

UCN critica a xestión do alcalde Valverde

UCN insiste que é totalmente falso o anuncio do goberno municipal de suprimir o campamento durante o mes de agosto, cando “nunca tivo intención algunha de realizar, e pretender culpar por iso á oposición, polo feito de rexeitar os orzamentos no pasado pleno, que unicamente contemplaban 4.000€ na partida de campamentos de verán (3372/2269900), cantidade que soamente permitiría realizar un só mes, aínda que fosen aprobados”.

UCN pregunta que de ser certo, “por que entón non se fixo o ano pasado cun orzamento aprobado?  Onde están as subvencións previstas?”