Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O PSOE considera que o proxecto sobre o río Muiños vai converterse no "Gaiás" de Alberto Valverde"

Correo-e Imprimir PDF

Estado do sendeiro fluvial do río MuíñosAnte a posta en escea de onte do goberno de Nigrán para presentar un proxecto de actuación sobre o río Muiños estimado en 1 millón de euros de gasto municipal, o PSOE da posible "hipoteca" que suporá a actuación e o mantemento da mesma.

O vindeiro xoves podería ser o último pleno de Nigrán a celebrarse en horario da mañá.

Correo-e Imprimir PDF

pleno nigran preferntes 2013Nesa sesión a Unión Centrista de Nigrán (UCN) presentará unha iniciativa de acordo para que as mesmas teñan lugar ás 20 horas. O edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) defenderá a proposta co xeito de "facilitar a asistencia aos veciños interesados en participar nas sesións plenarias". De contar co apoio do resto da oposición o oficialismo que goberna en minoría non podería evitar o troco. Dos nove concelleiros opositores, seis integran a agrupación socialista (en principio favorable á medida segundo fontes do sector), un ao BNG, un da UCN (que presenta a iniciativa) e mais o non adscrito Ignacio Vilas.

O PP non inclúe as alternativas da oposición e os orzamentos 2014 de Nigrán queda a piques de naufragar.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranA proposta de orzamentos 2014 que por terceira vez levará o oficialismo ao pleno “non entra nin a valorar as propostas do Partido Socialista”, sinala este luns o edil Juan González (PSOE). A pesar de gobernar en minoría, o alcalde Alberto Valverde decide non consensuar coa oposición e expoñer a un novo revés a planificación económica do Concello de Nigrán. Para os socialistas trátase dunha estratexia política do rexedor  na procura de prorrogar os de 2013 e evitar un “corsé” económico para o 2015, ano de eleccións municipais. Engaden que con esta argucia, o PP pode seguir “facéndoos responsables da súa incompetencia para gobernar Nigrán”. O PSOE anuncia que no vindeiro pleno do 24 de xullo pedirá a Valverde “responsabilidade, que non se deixe condicionar polas eleccións”. Finalmente, acusan ao rexedor de ingresar modificacións “express” nunhas propostas con informes contrarios da Intervención.

O arranxo da Rúa Rans en suspenso: o quixeron facer cun plan da Deputación pero a estrada é da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF

rans-desfeitaA Rúa Rans pertence á Xunta de Galicia. As súas estradas e beirarrúas precisan dunha urxente intervención para acondicionar esta arteria que comunica San Pedro co Lourido e Praia América. O pasado decembro o alcalde rexeitou unha proposta de acordo da UCN que o instaba a xestionar un convenio a tal fin coa Consellería de Medio Ambiente, Transportes e Infraestruturas da Xunta. Días atrás o rexedor anunciou a inminente adxudicación das obras de humanización, pero dentro dun plan da deputación provincial. Mais a autorización desa intervención está condicionada a que o concello obteña o traslado da titularidade da estrada ao patrimonio municipal. Un proceso que deberá iniciar coa aprobación do pleno –no que está en minoría- e a posterior vontade do goberno autonómico, titular da estrada.

O vertedoiro ilegal de Nigrán denunciado polo PSOE agora é investigado por SEPRONA

Correo-e Imprimir PDF

vertedoiro-ilegalA acumulación de lixo ás beiras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de San Pedro e a canle do Río Muíños foi obxecto dunha inspección e apertura de investigación por parte dun operativo do SEPRONA. O vertedoiro ilegal acolle "rodas, neveiras, ordenadores, televisores, colchóns, restos de obras, e lixo de todo tipo, cun grave perigo sanitario e ecolóxico" salienta a agrupación socialista que denunciara os feitos días atrás. A pesar que Nigrán xa conta co seu punto limpo a poucos metros do lugar, o Concello de Nigrán aínda está a negociar con Zona Franca a compra do tramo do Camiño da Gándara para o seu acondicionamento, pois presenta tramos que imposibilitan o tránsito pesado ata as instalacións. "As ratas multiplícanse e se non se toman medidas inmediatas pode producirse un importante risco sanitario", advirte o edil Juan González (PSOE).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL