Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PP non inclúe as alternativas da oposición e os orzamentos 2014 de Nigrán queda a piques de naufragar.

O PP non inclúe as alternativas da oposición e os orzamentos 2014 de Nigrán queda a piques de naufragar.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

A proposta de orzamentos 2014 que por terceira vez levará o oficialismo ao pleno “non entra nin a valorar as propostas do Partido Socialista”, sinala este luns o edil Juan González (PSOE). A pesar de gobernar en minoría, o alcalde Alberto Valverde decide non consensuar coa oposición e expoñer a un novo revés a planificación económica do Concello de Nigrán. Para os socialistas trátase dunha estratexia política do rexedor  na procura de prorrogar os de 2013 e evitar un “corsé” económico para o 2015, ano de eleccións municipais. Engaden que con esta argucia, o PP pode seguir “facéndoos responsables da súa incompetencia para gobernar Nigrán”. O PSOE anuncia que no vindeiro pleno do 24 de xullo pedirá a Valverde “responsabilidade, que non se deixe condicionar polas eleccións”. Finalmente, acusan ao rexedor de ingresar modificacións “express” nunhas propostas con informes contrarios da Intervención.

 “Alberto Valverde sabe que este orzamento quedaría aprobado definitivamente a finais do outono co que sería imposible executalo e suporía un corsé económico para o 2015, ano electoral, e por iso busca o rexeitamento dos mesmos por parte da oposición” afirma González.

Cinco enmendas que quedarán fóra da proposta.

O portavoz socialista lamenta que o rexedor se escude en informes técnicos para rexeitar un compromiso político de maior transparencia e participación cidadán na construción e execucións das contas municipais. Nese senso, salienta a renuncia do rexedor a retomar a carga tributaria do 2011 no vindeiro ano como propoñía a enmenda orzamentaria presentada. Engade que tamén renuncia ao compromiso político de iniciar a redacción dos orzamentos para o 2015 este mesmo ano, nin a dar participacións aos colectivos socias. Tamén cae a peticións que indicaba que nas Bases de Execución do Orzamento 2014 deberá constar que todos os expedientes de modificacións de crédito serán competencia única e exclusiva do Pleno de Nigrán. O que levaba a que as bolsas de vinculación xurídica foran polo tanto “única e exclusivamente competencia do Pleno, trátase de salvar cun informe técnico paro sen acadar compromiso algún”.

A quinta das peticións socialista indicaba o compromiso de abrir un expediente informativo co fin de valorar as vantaxes e desvantaxes do sistema de duchas de pago implantadas por este goberno nos areais de Nigrán. Tras eses informes das áreas de servizos e económicas convocaríase un   grupo de traballo que ditaminaría  a conveniencia de continuar con este sistema ou volver á situación anterior de cara ao ano 2015. Tampouco se inclúe na no proposta de orzamento que irá por 3ª vez a Pleno.

Modificacións de crédito “express”

A maiores, os socialistas advirten que o grupo de goberno presentará  modificacións de crédito “express”. Moitas de elas “con informes desfavorables dos servizos técnicos, que están deixando as arcas municipais nunha situación moi preocupante e pode tirar por terra, se sigue a este ritmo, o grandísimo esforzo dos veciños e veciñas de Nigrán dos últimos 7 anos”, denuncian.

“É absolutamente necesario que o goberno de Nigrán e seu Alcalde ao fronte recuperen a cordura e a senda da recuperación e estabilidade económica de Nigrán e non se deixen levar pola proximidade das eleccións ou polo deixadez ao ser conscientes da dificultade que ten para repetir como cabeza de lista dentro do Partido Popular”, sinala Juan González.