Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Goberno e oposición vólvense enfrontar polos orzamentos municipais de Nigrán.

Goberno e oposición vólvense enfrontar polos orzamentos municipais de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
pleno outubro 2014

Ata de agora Nigrán segue cos orzamentos prorrogados de 2013 xa que en 2014 o goberno en minoría do PP non contou co apoio de ningún dos edís opositores para sacar adiante a súa proposta. Para o 2015 a administración do rexedor Alberto Valverde conta ao seu favor coa modificación da Lei de Bases do Réxime Local (disposición adicional 16ª) que estipula que a Xunta Local de Goberno poderá aprobar un orzamento cando o anterior exercicio estea prorrogado e non se logre por acordo plenario maioritario. Dende filas oficialistas manifestouse que igualmente a súa proposta para 2015 recolle as iniciativas que a oposición levou nas negociacións do pasado orzamento, finalmente rexeitado. Pero o grupo maioritario da oposición non opina igual


Nese senso O PSOE de Nigrán levará unha serie de enmendas á proposta orzamentaria para 2015. Destácanse o aumento ou creación de partidas nos eidos da educación, emprego e servizos socias. Ao mesmo tempo, sinala a necesidade de diminuír ou eliminar contratos e gastos que entenden nos xustificados como o das duchas prepagos e o aluguer da nave particular para almacén municipal cando o concello dispón de solucións alternativas, máis eficientes e menos onerosas.
O detalle que reproducimos a continuación contén as partidas e a opinión da agrupación socialista sobre cada punto, tal cal as deu a coñecer aos medios este mércores.
1.- Educación
Aumentando as partida para conservación da Gardería Municipal de 2.000 a 4.000€ (aumento dun 100%); Libros Escolares de 5.000€ a 8.000€ (aumento dun 60%) e a de obras en Colexios de 20.000€ a 40.000€ (aumento dun 100%).
Crear unha nova partida de 10.000€ para Comedores Escolares co obxectivo de que ningún/a neno/a de Nigrán teña a máis mínima dificultade para acceder a este servizo sexa cal sexa a súa situación familiar.
2.- Emprego
Creación dunha nova partida económica dotada con 120.000€ para o a creación dun Plan de Emprego Municipal que apoie a aquelas persoas e familias que sofren con maior dureza a crise económica.
3.- Servizos Sociais
Aumentar as partidas de Emerxencia Social de 5.000€ a 15.000€ (aumento dun 200%); Reinserción Social de 2.000€ a 10.000€ (aumento dun 400%) e Teleasistencia de 1.500€ a 3.000€ (aumento dun 100%)
Crear unha nova partida de Apoio ao aluguer a familias sen recursos con 24.000€ que prevea as necesidades que moitas familias están a pasar e co obxectivo de facilitar o pago de aluguer das súas vivendas.
Crear unha nova partida de 30.008,96 destinada a axudar nos gastos básicos (luz, auga, alimentación...) de familias que pola grave situación económica teñan dificultades no día a día durante o ano 2015.
Asemade o proxecto de orzamento 2015 debe contemplar:
1.- Nas Bases de Execución do Orzamento 2014 deberá constar que todos os expedientes de modificacións de crédito serán competencia única e exclusiva do Pleno de Nigrán
2.- Compromiso de abrir un expediente informativo e unha auditoría interna co fin de valorar as vantaxes e desvantaxes do sistema de duchas de pago.
3.- Compromiso para que durante o ano 2015 realizarase unha auditoría para evaluar os gastos que se produxeron no almacén municipal e depurar as responsabilidades si as houbera.
5.- Compromiso no que o posible superávit no orzamento do ano 2014 deberá servir para adquisición de terreos e construción de almacén municipal, reordenación e humanización do torreiro de Parada e para completar, ata onde sexa posible, a rede de abastecemento e saneamento do municipio e reducir a débeda do concello de Nigrán.