Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Nigrán: goberno publica os orzamentos para 2015 sen levar ao pleno as alegacións presentadas.

Nigrán: goberno publica os orzamentos para 2015 sen levar ao pleno as alegacións presentadas.

Correo-e Imprimir PDF

Para o goberno municipal os orzamentos están definitivamente aprobados e así o publicou en fimre e por sorpresa na edición deste 30 de decembro no Boletín Oficial da Provincia. Sen embargo, Esquerda Unida e PSOE afirman que ao existir alegacións aos mesmos - EU presentou alegacións o pasado 26 de decembro - o goberno tiña obriga legal de someter todas as alegacións ao ditame dun pleno municipal que non foi convocado.

Para José Cuevas (EU), a decisión tomada polo alcalde de ordenar a publicación da aprobación do orzamento, sen seguir os pasos esenciais que marca o procedemento de elaboración dos orzamentos, "é gravisima, e podería chegar a causar graves prexuizos para Nigrán se se executa un orzamento". Asegura que xa puso estes feitos en coñecemento dos servizos xurídicos do partido, e "se non hai unha rectificación urxente por parte do Alcalde os porá en coñecemento de outras administracións públicas, para que chamen a orde ao alcalde, ante esta posible vulneración de dereitos da cidadanía".

No mesmo sentido apuntan os socialistas de Nigrán "Os orzamentos municipais de 2013 terán que ser prorrogados por segundo ano" apunta o seu pòrtavoz. Engaden que o orzamento de 2015, ao ser aprobado "tan tarde, non poderá entrar en vigor en xaneiro ao ser presentadas reclamacións ao mesmo o que supón que teñan que volver a pleno en xaneiro para ser aprobados, ou rexeitados de xeito definitivo."

Taxas do lixo 

Os socialistas tamén advirten irregularidades no proceso de aprobación das taxas do lixo para o ano 2015. Apuntan que as taxas foron aprobadas "sen consenso" no pleno de novembro, pero recibiron alegacións por parte dunha entidade veciñal que non foron respostadas no prazo legal. "Será necesario que las taxas vuelvan al pleno y, dado que se devenga a 1 de enero. Su entrada en vigor no podrá llevarse a cabo hasta enero de 2016"