Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O río Muiños deborda en Porto do Molle e na súa desembocadura en Canido

Correo-e Imprimir PDF

Desbordamento do río Muiños á altura de Ureca | Imaxe CCNAs choivas tampouco deron trégua hoxe en Nigrán.

O río Muiños, río que percorre as parroquias de Chandebrito, Camos e Nigrán, desbordou ao seu paso por Porto do Molle e na súa desembocadura en Canido.

Cabe lembrar que o parque empresarial de Porto do Molle ocupa o que era o maior humidal da comarca, con máis de 1 millón de metros cadrados, e os asulagamentos eran frecuentes.

Nigrán gastará máis de 6000 euros en plenos este mes, cun pleno extraordinario para votar a cesión do contrato do PXOM

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de aprobación inicial do PXOM de NigránAsí o denunciou o BNG, contrario á celebración urxente dun pleno extraordinario co único tema da cesión contractual da redacción do PXOM.

Opinan que a convocatoria do alcalde non ten sentido cando xa estaba convocado o pleno ordinario tan só 15 días despois, e para un trámite que leva "meses paralizado".

Cada pleno cústalle ao concello máis de 3.000 euros polo que este mes a cifra duplicarase, tendo en conta que o cambio de horario dos plenos implica un gasto extra tamén para os funcionarios obrigados a asistir ao pleno.

O alcalde de Nigrán convoca unha comisión express para ceder a outra empresa o contrato da redacción do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

pleno pxom 2013

O alcalde de Nigrán convocou onte mércores unha reunión extraordinaria da Comisión Informativa de Asuntos Xerais para este sábado ás 10 da mañá.

O obxectivo é obter unha autorización previa á cesión do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), antes da súa posta a votación final en pleno.  

A beneficiaria da cesión contractual sería a empresa EPTISA Servicios de Ingeniería SL, actual redactora do PXOM de Gondomar, trala liquidación da UTE Arnaiz Consultores – Tinsa Consultoría que a levou ata de agora.

Dende o pasado luns barállase a convocatoria dun pleno extraordinario para a vindeira semana ca fin de pechar a cesión, unha semán antes do pleno ordinario.

O alcalde de Nigrán apura unha cesión do contrato da redacción do PXOM antes da fin do seu mandato.

Correo-e Imprimir PDF

entrega PXOM santiagoO alcalde de Nigrán podería citar a pleno extraordinario a próxima semana para substituíra á empresa redactora do PXOM. A idea barallouse na comisión de portavoces reunida este luns en Nigrán tras un informe do alcalde na que volveu insistir na necesidade de aprobar unha cesión do contrato e así substituír á empresa en quebra UTE Arnaiz-Tinsa, SL, actual titular da redacción do PXOM. Segundo o edil Antonio Fernández Comesaña (UCN), a cesión do contrato é un "parche" que non soluciona as deficiencias do documento. Engade que "o PXOM vai para largo" e hai conversacións para levantar a suspensión de licenzas urbanísticas que afecta o concello trala aprobación inicial do plan urbanístico, en xuño do ano pasado.

Toneladas de "terra negra" da depuradora Coruxo terminan soterrados en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

vista superior canteira

O colectivo ecoloxistas de A Ría Non Se Vende denuncia a obra de recheo efectuada na antiga canteira da Mámoa en Priegue con restos procedentes das obras da nova depuradora de Coruxo, e pon en dúbida que as actuacións cumpran coa tramitación legal necesaria.

O remate da obra foi inagurado polo alcalde de Nigrán e o concelleiro de Medioambiente que aseguraron que a obra conta con todos os permisos e co visto bo do "axente forestal", pese a que a semán anterior recoñeceu no pleno non saber nada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL