Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG convoca en Nigrán unha Asemblea Aberta á cidadanía co obxectivo de impulsar espazos de colaboración

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado, 4 de outubro, terá lugar, ás 11 da mañá no 1º piso do Centro da Terceira Idade da Ramallosa (antiga estación do tranvía), unha Asemblea Aberta a toda aquela persoa que queira participar, convocada polo BNG de Nigrán. Dito acto enmárcase dentro do proceso Construíndo Futuro, promovido polo BNG, de contraste social e debate político, na procura de espazos de colaboración estábeis.

O CEIP Humberto Juanes cualifica de “chapuza” unha instalación no centro ordenada polo alcalde de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Rampla-H.-Juanes

Unha rampla construída no verán e que debía facilitar o acceso dos escolares á aulas infantís remata enfrontando a pais e profesores do colexio público Humberto Juanes co alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. O centro solicitara a mellora dunha vía de acceso cun trazado que non respectou a alcaldía. A dirección do colexio manifestou nun escrito a súa desconformidade coa obra, así tamén como polo acabado da mesma que presentaba perfís cortantes. O rexedor desacreditou a valoración feita pola dirección escolar nunha intervención no último pleno e ante presenza dunha representación do claustro docente e da ANPA que concorreron ao mesmo. Agora os afectados reclaman a Valverde que rectifique e acepte dialogar na procura de solucionar o que consideran unha “chapuza” e de paso dotar ao centro dun espazo de xogos comprometido dende hai 13 anos pola administración local.

O inicio dos plenos de Nigrán pasa ás 20 horas con futura retransmisión na web oficial da corporación.

Correo-e Imprimir PDF

pleno pxom 2013Coa intención de facilitar a presenza da veciñanza nos plenos de Nigrán, foi aprobado un acordo para trasladar ás 20 horas o comezo das sesións. Tras un mes de debate a moción presentada por Fernández Comesaña(UCN) -que recollía unha iniciativa de EU, sen representación no pleno- foi apoiada o pasado xoves polos 6 edís do PSOE, e o representante do BNG, así como o non adscrito Ignacio Vilas, acadando 9 votos. O gobernante PP votou negativamente cos seus 8 concelleiros, co argumento que o traslado implicaba un aumento nos gastos remunerativos do persoal municipal que deberá estar presente nese novo horario. O acordo aprobado inclúe unha enmenda do BNG que obrigará á alcaldía a engadir o audio das sesións na web oficial de Nigrán.

A Garda Civil desarticula en Nigrán un grupo criminal adicado ao roubo con forza na provincia.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe de arquivo UEI Garda CivilA banda reuníase nun domicilio en Nigrán para planificar os roubos e repartir o botín.

Están acusados de polo menos trece delitos por roubo con forza, roubo de vehículos e incluso por incendio forestal.

EU denuncia arbitrariedades na entrega das placas de vado en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

pleno nigran preferntes 2013Esquerda Unida denuncia ter coñecemento que o Concello de Nigrán nega a placa de vado a algúns veciños que pagan a taxa de entrada de vehículos a través das beirarrúas (Taxa de Carruaxes). Por iso presentaron unha alegación no período de exposición pública da ordenanza ca fin que todo veciño que pague a taxa teña dereito á placa de vado automaticamente. Alegación que foi aceptada pola UCN, promotora da modificación do regulamento, máis votada en contra polo gobernante PP na comisión de facenda celebrada o pasado mércores. Será o pleno do vindeiro xoves quen decidirá a aceptación ou non desta medida.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL