Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

UCN pide revogar a cesión ao SERGAS da parcela para construción do ambulatorio en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

predio-centro-saude-panxonO portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández, pide revogar o acordo plenario de data 29/10/2008, polo que se acordou ceder ao SERGAS unha parcela de 4.395 m2 nas Dunas de Gaifar-PANXON, para a construción dun novo ambulatorio en PANXON. Sinala que a cesión estaba condicionada expresamente a que as obras deberían dar comezo no prazo máximo dun ano e estar finalizadas antes de transcorrer tres, desde o citado acordo. Prazo que foi posteriormente actualizado, mediante novo acordo plenario do 30/3/2011, que unha vez superados máis de 60 meses o prazo inicialmente fixado para o inicio das obras, e que deberían estar finalizadas o pasado mes de marzo, malia que aínda non dispón da correspondente licenza urbanística.

UCN dá ata o luns a Valverde para que entregue o informe cos gastos en avogados ou o levará ante a Fiscalía.

Correo-e Imprimir PDF

Se o luns Valverde non entrega un informe cos gastos en facturas a avogados, UCN o denunciará ante a fiscalía. Así o fixo saber este sábado o edil Antonio Fernández, que espera que o goberno cumpra co pedido de información da relación de gastos xurídicos (más de 250 mil euros, segundo Fernández) nos últimos tres anos efectuada polo alcalde Alberto Valverde. Explica que ingresou formalmente a solicitude o pasado 28 de xuño e aínda non chegou. Entende que o silencio da administración vulnera o exercicio de control e fiscalización que debe desenvolver como membro da oposición. Pregunta a “que ten medo?”, Valverde, ou “que razóns escuras pretende ocultar?

As laxes que non resistiran o tráfico da Ramallosa foron reinstaladas en dúas rúas de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

mourelle despoisAs laxes que outrora foran transitadas na Ramallosa agora o serán en Panxón. Tras o remate das obras nas rúas Álvaro Mourelle e Arco Visigótico, o alcalde Alberto Valverde valora a actuación positivamente e asegura que a reinstalación das laxes mellorará a accesibilidade para peóns e persoas con discapacidade, "así como a mobilidade para o tráfico rodado nunha zona cunha importante actividade comercial e hostaleira". Sen embargo as devanditas louzas foran retiradas meses atrás da zona comercial da Ramallosa pola súa pouca resistencia ao tráfico. Daquela, o argumento do alcalde para levantalas foi a súa feble consistencia ao paso de vehículos pesados, como os que abastecen esa zona comercial. Agora serán novamente postas a proba nesta vila mariñeira e turística da bisbarra.

Denuncian importantes avarías e desfeitas no parque deportivo infantil da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

rp1Porta accesible rota, porterías e canastras desfeitas, paneis de protección rachados, estruturas oxidades e arames e ferros ao aire con grave perigo "para os centos de nenos e nenas que usan a diario esta instalación dedicada ao ocio e o deporte", é o panorama que ofrece o parque infantil da Ramallosa, a carón da antiga estación do tranvía, segundo describe o edil socialista, Juan González. O concelleiro reclama unha intervención inmediata de parte da administración do alcalde popular Alberto Valverde, para acondicionar este espazo público, que agrega, non implican grandes inversións ás arcas municipais.

Baiona, Oia e Panxón recuperan o seu topónimo oficial logo das desculpas do Ministerio de Agricultura

Correo-e Imprimir PDF

sinais galego praia panxonComo un "desafortunado error" califican dende o Ministerio de Agricultura a utilización de mapas da provincia de Pontevedra coa toponimia deturpada nun acto desta entidade en Panxón. Cotobad, Villanueva de Arosa, Bayona, Puenteareas, Puente Caldelas, Sangenjo, Oya, Panjón... Eran os nomes que figuraban nos paneis explicativos onde un alto cargo do Ministerio de Agricultura explicaba en rolda de prensa os proxecto de obras que se levarán a cabo no litoral galego así como as obras realizadas no paseo de Panxón, ProLingua denunciou os feitos ante o organismo e esixiu o cumprimento da legalidade lingüística "para evitar caer en esperpentos públicos" e recordándolles que "en Galicia os nosos lugares teñen un nome, un só, e é en galego, polo que pedimos que o respecten e que cumpran a legalidade vixente". ProLingua recibiu nesta xornada unha carta na que a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar recoñece o erro e admite que ese mapa "no debió utilizarse".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL