Se o luns Valverde non entrega un informe cos gastos en facturas a avogados, UCN o denunciará ante a fiscalía. Así o fixo saber este sábado o edil Antonio Fernández, que espera que o goberno cumpra co pedido de información da relación de gastos xurídicos (más de 250 mil euros, segundo Fernández) nos últimos tres anos efectuada polo alcalde Alberto Valverde. Explica que ingresou formalmente a solicitude o pasado 28 de xuño e aínda non chegou. Entende que o silencio da administración vulnera o exercicio de control e fiscalización que debe desenvolver como membro da oposición. Pregunta a “que ten medo?”, Valverde, ou “que razóns escuras pretende ocultar?”
Con esta ameaza de Fernández, agrávase o cruce de acusacións que dende hai semanas sostén co actual alcalde e presidente local do PP-Nigrán, Albero Valverde. Mentres Fernández acusa ao popular de bater o record de preitos da historia do municipio e despilfarrar as arcas municipais en facturas a profesionais “enchufados a dedo” por Valverde; este deféndese afirmando que boa parte destes gastos débense a actuacións de Fernández cando participara como concelleiro de goberno durante a administración de Alfredo Rodríguez.
Agora Fernández Comesaña, advirte que si o vindeiro luns non recibe a documentación solicitada, poñerá de inmediato os feitos en coñecemento da Fiscalía, “para depurar posibles responsabilidades de grave obstrucións ao labor de control e fiscalización a que teñen dereito os membros da Corporación, pero que o alcalde pretende negar”