Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

A taxa de vados en Nigrán podería baixar nun 70% se o pleno aproba finalmente a proposta da UCN

Correo-e Imprimir PDF

vadoA decisión final de baixar a taxa que rexe as entradas de vehículos (vados) queda en mans do pleno de Nigrán. Este deberá votar en contra ou a favor de aplicarlle unha redución próxima ao 70% proposta polo edil Fernández Comesaña (UCN-CDL). Con esta modificación pasaríase a pagar unha vivenda unifamiliar de ata tres vehículos, a razón de 6€ metro lineal. Segundo cálculos do autor da proposta isto "vén a supoñer para unha entrada de 3,50 metros de ancho 21€ para o ano 2015, fronte aos cerca de 80€ que pagan actualmente". Todo indica que a enmenda contará con maioría no pleno, mais non evitará pagar a valores da tarifa anterior (suba do 270% de 2012) a taxa dos anos 2013 e 2014 que en breve se poñerá ao cobro.

Os principais servizos públicos do Concello de Nigrán carecen de ordenanzas cos regulen.

Correo-e Imprimir PDF

polideportivo-panxonServizos como os de Axuda a Domicilio e o de Transporte de persoas discapacitadas que brinda o Concello de Nigrán non posúen unha ordenanza ou regulamento cas delimite de xeito preciso. Funcionan en base a normas básicas de réxime interno desde a súa posta en funcionamento e non son poucas as queixas polo descoñecemento das mesmas por parte dos cidadáns . Na mesma situación atópanse outros como o Centro de Información da Muller (C.I.M.), o Centro Antena, o de  Tele-asistencia, o Servizo de Educación Familiar, e os funcionamentos da Biblioteca municipal, a Praza de Abastos da Ramallosa e o Pavillón e pistas deportivas municipais. De todo isto dá conta un escrito recentemente presentado polo edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) ante o Concello.

O BNG reclama a retirada da simboloxía franquista do Templo Votivo do Mar en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

tg carrusel centralOs nacionalistas de Nigrán reclaman a retirada dunha placa de mármore “carente de calquera simboloxía relixiosa” e destinada a lembrar a José Primo de Rivera e aos “caídos do bando vencedor”, situada no Templo Votivo do Mar en Panxón. Nese senso, Xavier Rodríguez, voceiro do BNG-Nigrán, presentou unha moción de acordo a debaterse no vindeiro pleno de Nigrán. Na mesma, solicítase que o goberno municipal realice xestións ante o bispo da diocese de Tui-Vigo, “ofrecéndolle a colaboración do Concello se é necesario” coa finalidade de acadar a retirada desta simboloxía franquista da igrexa.

Moción de censura ao alcalde de Nigrán? UCN propona e o PSOE está disposto a estudala.

Correo-e Imprimir PDF

alcalde nigran concelleiro urbanismo plenoO goberno en minoría do popular Alberto Valverde (PP) podería enfrontarse a unha moción de censura.

Para UCN, o alcalde peca de “soberbia” na xestión do Concello e incumpre de xeito reiterado os acordos plenarios. Pola súa banda, para os socialistas o rexedor “está sendo un grave atranco para o desenvolvemento de Nigrán”.

Inés Abril, a cociñeira nigranesa que debuta no programa Top Chef de Antena3

Correo-e Imprimir PDF

Inés Abril no concurso Top Chef | Imaxe Antena3A conciñeira nigranesa Inés Abril (Priegue, 34 anos) debutou onte no programa concurso de cociña Top Chef de Antena 3

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL