Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Juan González (PSOE): “A Ramallosa amence os domingos nun estado lamentable”

Correo-e Imprimir PDF

lixo ramallosa 1Lixo espallado polas estradas e beirarrúas. Restos de botellas rotas e urina nos portais "e en cada esquinan inundan o centro de A Ramallosa e, aínda máis perigoso, o parque Infantil e o paseos a carón do Río Miñor", denuncia o edil socialista Juan González tralo paso da fin de semana.

Esquerda Unida pide a publicación dos gastos dos grupos políticos de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Denuncian que PP, PSOE, BNG e UCN non xustifican o gasto de 17.490,13 euros.
Esquerda Unida denuncia que ningún grupo político entregou no Concello de Nigrán a contabilidade específica correspondente ás dotacións económicas recibidas do concello no ano 2013. "Feito que ven repetíndose durante toda a presente lexislatura", sinala José Cuevas, portavoz de EU.

O BNG convida ao resto de grupos municipais a que renuncien aos 3000 euros en dietas polo último pleno

Correo-e Imprimir PDF

Xabier Rodríguez, portavoz do BNG de Nigrán | Imaxe: BNG NigránO representante e voceiro do BNG de Nigrán, Xabier Rodríguez, anuncia que renunciará á dieta que lle corresponde polo Pleno Extraordinario fallido do pasado xoves e convida ao resto de corporativos a que fagan o mesmo.

A convocatoria extraordinaria foi convocada polo alcalde co único punto na orde do día sobre a cesión do contrato do PXOM logo de que a UTE Tinsa-Arnáiz entra en concurso de acreedores en España, que finalmente acabou sobre a mesa ante a falta dos informes de intervención e xurídico.

A Xunta transfire ao concello a titularidade e a responsabilidade de mantemento da rúa Rans sen arranxala previamente.

Correo-e Imprimir PDF

ransO Consello da Xunta de Galicia aprobou na súa sesión deste venres o decreto polo que autoriza o cambio de titularidade da estrada PO-334, á altura da Rúa Rans a prol do Concello de Nigrán. A medida que traslada agora a responsabilidade do seu mantemento e adecuación urbanística á administración local, obrigaría ao concello de Nigrán a desenvolver pola súa conta os arranxos nas beirarrúas e na estrada de aquí en diante.

A xestión municipal para acadar a cesión non contaba cun informe económico de Intervención, segundo confirmou Antonio Fernández (UCN) a esta redacción, crítico coa decisión plenaria de xullo que aprobou solicitar a cesión cos votos do PP e BNG. O edil Fernández adianta que estuda presentar un recurso para revocar o acordo por entender que representa un “acto de lesividade” ante o impacto económico que a futuro terá a medida nas arcas municipais. 

O alcalde de Nigrán non presenta os informes ao pleno extraordinario e a cesión do PXOM queda enriba da mesa.

Correo-e Imprimir PDF

pleno cesionMáis de 3000 euros de gasto en dietas en apenas dúas horas de debate. Ese é o único balance que se pode extraer do pleno extraordinario "express" convocado polo alcalde de Nigrán para levar adiante unha moción sobre a cesión do contrato do PXOM logo de que o goberno municipal non entregase os informes xurídico e de tesourería comprometidos na comisión do pasado sábado.

O alcalde insistía hai uns días que os informes xurídico e de tesouraría non eran necesarios, e que a cesión do contrato contaba xa co informe de contratación. Aínda así, o goberno decide non levar a votación a súa moción e deixala sobre a mesa para o seguinte pleno.

O pleno convértese nun debate "caro", pero polo menos de gran afluencia de público logo do cambio horario dos mesmos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL