Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Acusan ao goberno de Nigrán de quitar do pleno unha iniciativa para regularizar a situación urbanística de Chandebrito .

Correo-e Imprimir PDF

juan gonzalezA agrupación socialista asegura que presentou o pasado 27 de setembro unha moción de acordo para iniciar os trámites para a contratación dun equipo que redacte a modificación puntual das normas para "Axustar os núcleos rurais de Chandebrito á lexislación urbanística vixente". Sen embargo sinalan que a mesma non forma parte da orde do día do pleno ordinario de outubro a celebrarse este xoves. Responsabilizan da omisión ao concelleiro de urbanismo e ao alcalde Alberto Valverde de "atribuírse a potestade de decidir o que vai ou non vai a pleno".

Tras anos de reclamacións, a Asociación Chandebrito 1807 poderá cobrar unha débeda de 351€ do Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

chandebrito panel chan rotoO vindeiro pleno de Nigrán deberá aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito para que a Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" poda cobrar 351 euros. A débeda cumpre sete anos e grazas á intermedión do Valedor do Pobo, os veciños poderán cobrar estes cartos xa gastados en intervencións culturais e de conservación patrimonial da parroquia.

O cambio a sentido único da Rúa do Mariñeiro carece de autorización da Xunta, titular da estrada.

Correo-e Imprimir PDF

rua-marinheiroA decisión de manter o sentido único da Rúa do Mariñeiro e a súa dotación con máis de 100 prazas de aparcadoiros en batería "non ten amparo legal". Así o asegura o edil Antonio Fernández Comesaña (UCN) quen vén de comprobar que tras un ano de reclamar ao Concello de Nigrán o documento da Xunta que habilitaría o cambio comprobou que "non existe autorización algunha".

O Circulo Podemos Nigrán instalará este sábado postos informativos na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

Este sábado 25 de Outubro a partir das 16:00 todos aqueles veciños que veñen participando no Círculo de Podemos Nigrán saen á rúa, co obxectivo de informar a todas aquelas persoas interesadas en coñecer e participar no proceso constituínte da formación. Para iso, o Círculo de Nigrán instalará unhas mesas informativas, que estarán situadas entre o parque infantil de Ramallosa e a Ponte de Sabarís.

Veciños de Chandebrito conseguen melloras para a canalización de pluviais na Estrada de Pracíns.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0015Despois das peticións e xestións realizadas pola Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", a Deputación de Pontevedra adxudicou a obra de mellora das cunetas da estrada provincial de Vincios a Nigrán, na que se inclúe o tramo da Estrada de Pracíns, en Chandebrito.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL