Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Xuntanza informativa das Marchas da Dignidade este martes en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

29N valminhorEste martes 11 de novembro ás 20 horas terá lugar unha reunión informativa da coordinadora do Val Miñor que prepara a participación nas Marchas da Dignidade do 29N en Compostela. Será no local Black&White na Avenida Val Miñor, número 47. Falarán Estela Miller, Manolo Camaño e Carlos Costoya.

Atrancos administrativos deixan sen conserxes aos colexios de Mallón, Cruz-Camos e Vilariño.

Correo-e Imprimir PDF

ceip-vilarinhoTres colexios de educación infantil e primaria de Nigrán atópanse sen conserxería dende o pasado martes 4 de novembro. O Carlos Casares (Vilariño), Mallón e Cruz-Camos quedaron fóra das adxudicacións para a cobertura deste servizo que brinda un convenio entre o Concello de Nigrán e a Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta, segundo informan fontes da comunidade educativa deses centros. Engaden que a ausencia dos conserxes está afectando a posta en funcionamento cotiá das aulas como a atención e vixilancia dos cativos. Salientan que a estes centros concorren crianzas de tres anos en diante que requiren dunha especial atención e apoio destes traballadores.

As advertencias de ilegalidades e prexuízos económicos para Nigrán aprazan a cesión do contrato do PXOM.

Correo-e Imprimir PDF

pleno outubro 2014A aprobación da cesión do contrato da redacción do PXOM de Nigrán, da UTE Tinsa-Arnaiz á empresa Eptisa queda novamente aprazada.

As obxeccións dos informes dos técnicos municipais aos termos nos que se negociaba a contrato da mesma deron por terra á intención do PP de presentar a súa aprobación por vía de urxencia no pleno da pasada noite.

Os grupos políticos de Nigrán comprométense a presentar a contabilidade das dotacións económicas recibidas do concello.

Correo-e Imprimir PDF

Os grupos políticos de Nigrán comprometéronse a entregar a contabilidade específica correspondente ás dotacións económicas recibidas do concello no ano 2013. O fixeron no transcurso do pleno deste xoves ao contestar unha reclamación presentada con ese obxectivo por EU ás Contas Xerais. A reunión de portavoces de decembro instrumentará as formalidades a cumprir para que o pleno as solicite formalmente, como ordena a lexislación vixente.

O concello pagou á anterior empresa redactora traballos que non foron realizados ou que quedaron incompletos

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de aprobación inicial do PXOM en xuño de 2013 | Imaxe vm.infoO alcalde Alberto Valverde decide a última hora non levar a cesión do contrato do PXOM ao pleno ordinario deste xoves. Iso a pesar de convocar un pleno extraordinario 15 días atrás por considerar urxente a cesión da redacción do PXOM á empresa Eptisa

. Non se descarta que a moción sexa tratada pola vía de urxencia.

O informe de intervención considera que o concello pagou indebidamete á anterior empresa redactora - a UTE Tinsa-Arnáiz - cantidades improcedentes por traballos non realizados ou que fican incompletos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL