Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

#Nigrán : UCN definirá o voto da investidura na mesma sesión plenaria.

Correo-e Imprimir PDF

antonio fernandezA agrupación do concelleiro Antonio Fernández Comesaña informa que presentou dez puntos ao candidato socialista Juan González, que de contar co visto e prace deste permitiría que UCN vote afirmativamente a súa investidura. Ata tanto non se dea resposta ao petitorio, Fernández sinala que o seu grupo chegará ao pleno coas tres posibilidades, absterse, voto favorable ou encontra. Será o discurso de González na sesión o que definirá o voto da UCN.
Fundamenta Fernández que estes 10 puntos son "mínimos2 para un acordo " pensando no interese xeral e en facilitar mellorar e o benestar dos veciños de Nigrán". Engade que traballarán "en positivo desde a oposición, facendo un labor construtiva e oposición responsable, e na medida de que o novo goberno traballe desde a participación transparencia, diálogo e consenso permanente, sempre nos atopará".
O socialista Juan González chega ao pleno cos 7 votos da súa agrupación e o compromiso de N-Decide de achegar os seus 2 votos para acadar a maioría absoluta na investidura como alcalde.

José Cuevas nega calquera contacto co PP para non investir ao socialista Juan González en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

juan gonzalezNin falou co PP nin pasoulle pola cabeza calquera movemento político que implicase pactar cos populares nin promover outra investidura que non sexa a do socialista Juan González. Así declaro foi o edil electo por Nigrán-Decide, José Cuevas ao ser consultado sobre unha presunta manobra do PP para levalo á alcaldía cos seus votos e algún aliado máis. O rumor partiu tras unha reunión dos populares onde se tería especulado cun movemento político a tal fin. Feito que provocou que o tamén edil por UCN, Antonio Fernandez Comesaña saíra aos medios nesta xornada a declarar que tampouco el formaría parte de calquera pacto para impedir a investidura do número un do PSOE de Nigrán.

N-Decide presenta 37 medidas programáticas para investir ao socialista Juan González en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranUn paquete de 37 medidas que abranguen todas as áreas de goberno en materia de transparencia, participación e dinamización administrativa foi presentado por Nigrán Decide ao PSOE local. Entre elas algunhas moi concretas como que antes do 15 de setembro xa se teña un programa de cursos orientado a empresa aeronáutica "que vai a xerar 100 postos en Nigrán". O documento non plantexa cargos de co-goberno de ambas forzas, pero reclama un lugar na Mancomunidade do Val Miñor para Nigrán Decide. O petitorio foi recibido polo concelleiro Juan González e mais Jorge Rial nunha reunión que José Cuevas (N-Decide) definiu como cordial nun diálogo con este medio.

#Nigrán : Continúan as pescudas do responsable do intento de secuestro dunha menor en Camos.

Correo-e Imprimir PDF

camosA familia dunha nena menor de idade denunciou onte o intento de secuestro da mesma por un varón na parroquia de Camos (Nigrán). A familia comunicou o incidente á Garda Civil de Baiona e púxose inmediatamente un dispositivo de busca coa Policía Local de Nigrán, seguindo datos aportados polos familiares do presunto delincuente.

Detido e a xuízo tras unha pelexa con lesións na discoteca da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

Piden cárcere para o acusado de romper o nocello a unha persoa durante unha pelexa na popular discoteca de Nigrán Ramallosa 2000. O fiscal solicita, ademais, que indemnice en 7.680 euros á vítima polas lesións e secuelas

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL