Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Esquerda Unida presenta unha enmenda aos orzamentos de Nigrán para aumentar o servizo de transporte público.

Correo-e Imprimir PDF

atsaEsquerda Unida presentou unha emenda aos orzamentos de Nigrán para que se aumenten as liñas e frecuencias de transporte público no concello, coincidindo coa implantación do transporte metropolitano.

Veciños de Chandebrito presentan escrito ao Concello de Nigrán en defensa do patrimonio cultural da parroquia.

Correo-e Imprimir PDF

Chan de Rapadouro Foto Angel de PradoA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", despois de requerir ducias de veces a colaboración da Concellería de Patrimonio Cultural do Concello de Nigrán sen que se obtivese resposta por parte da mesma; solicitou mediante escrito presentado nos pasados dias no rexistro municipal desa Administración que se realicen as xestións necesarias para solucionar os seguintes asuntos, que xa se lle expuseran á concelleira delegada no ano 2012, pero que seguen sen resolverse:

O pleno de Nigrán debaterá a xustificación das asignacións económicas aos grupos municipais.

Correo-e Imprimir PDF

Esquerda Unida considera positivo que no pleno que se vai a celebrar este xoves 18 de Decembro se leve na orde do día a xustificación das asignacións económicas aos grupos municipais
Lembra que este debate prodúcese como consecuencia da reclamación que EU presentou á conta xeral do concello do ano 2013, onde denunciaba que non figuraba ningún documento de contabilidade específica así como tampouco de facturas dos gastos dos grupos municipais a efectos do seu coñecemento por parte da cidadanía e da súa fiscalización e posta a disposición do pleno municipal.

Solicitan a retirada dun vertedoiro incontrolado de lixo na rúa Romana Alta na Cabreira.

Correo-e Imprimir PDF

Cabreira-Outubro-14Restos de podas, de obras, colchóns e todo tipo de lixo acumúlanse día a día na Rúa Romana Alta, no barrio de A Cabreira na Ramallosa. A agrupación socialista de Nigrán denuncia que a veciñanza ten solicitado sen éxito ao Concello de Nigrán a retirada deste vertedoiro a carón dos colectores municipais.

Debate político en Nigrán cos parlamentario Eva Solla e Antón Sánchez sobre os presupostos 2015 da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF

sanchez-solla-ageAlternativa Galega de Esquerda no Val Miñor organiza un encontro aberto á cidadanía para informar e debater sobre os orzamentos autonómicos de 2015. Para iso contarán coa presenza dos parlamentarios de AGE, Eva Solla e Antón Sánchez que dialogarán cos asistentes. Será este venres 12 de decembro ás 20 horas no Hotel Soutomaior de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL