Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Nigrán aproba os orzamentos 2015, a cesión do PXOM e solicita permitir o voto por internet das edís con baixa por maternidade.

Correo-e Imprimir PDF

Tras un longo debate e catro votacións finalmente o voto de calidade do rexedor de Nigrán deu por aprobados os orzamentos municipais para 2015. Na mesma sesión plenaria do pasado xoves, aprobouse a cesión do PXOM á empresa Eptisa, desbotouse unha iniciativa para axustar os núcleos rurais de Chandebrito por fóra do PXOM e foi aprobada unha iniciativa para solicitar permitir o voto por Internet das concelleiras con baixa por maternidade e dos edís con baixa por paternidade.

O BNG solicita que CESPA presente as facturas que acrediten o cumprimento do investimento ao que viña obrigada en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Xabier Rodirguez portavoz do BNG de NigranA empresa CESPA aínda tería pendente unha inversión de 72.057 euros á que estaba obrigada polo Plan de Investimento 2013 co Concello de Nigrán. A cifra xurde da documentación aportada pola empresa a solicitude do pleno municipal, segundo informa Xavier Rodríguez, portavoz do BNG. Os nacionalistas instarán á alcaldía a esixir que a empresa concesionaria aporte os albaráns, facturas e demais documentos xustificativos "para poder acreditar os investimentos globais que a empresa manifesta ter feito, así como a procedencia dos prezos unitarios dos mesmos".

Goberno e oposición vólvense enfrontar polos orzamentos municipais de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

pleno outubro 2014Ata de agora Nigrán segue cos orzamentos prorrogados de 2013 xa que en 2014 o goberno en minoría do PP non contou co apoio de ningún dos edís opositores para sacar adiante a súa proposta. Para o 2015 a administración do rexedor Alberto Valverde conta ao seu favor coa modificación da Lei de Bases do Réxime Local (disposición adicional 16ª) que estipula que a Xunta Local de Goberno poderá aprobar un orzamento cando o anterior exercicio estea prorrogado e non se logre por acordo plenario maioritario. Dende filas oficialistas manifestouse que igualmente a súa proposta para 2015 recolle as iniciativas que a oposición levou nas negociacións do pasado orzamento, finalmente rexeitado. Pero o grupo maioritario da oposición non opina igual

Preocupación no PSOE de Nigrán pola falla de información oficial sobre o cambio de hospital para os usuarios de POVISA.

Correo-e Imprimir PDF

O PSOE instará ao Concello de Nigrán que solicite ao SERGAS a ampliación do prazo de solicitude do cambio de hospital ata fin de ano. O fará no vindeiro pleno nunha proposición de acordo na que tamén esixe habilitar espazos nos centros de saúde do municipio nos que se brinde asesoramento e información a quen estea interesado no cambio. Así, afirman recoller a inquietude levada adiante pola plataforma SOS Sanidade Pública do Val Miñor, que está a desenvolver coloquios informativos a tal fin, en diversos puntos da bisbarra.

O cambio de titularidade da Rúa Rans deixa unha obriga millonaria a Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

rans-desfeitaA Xunta aforrouse máis dun millón de euros ao traspasar sen acondiconar a Rúa Rans a Nigrán e pasoulle o "morto" ás arcas municipais. O dato despréndese da memoria do Proxecto de mellora da Rúa Rans que acaba de publicar o propio Concello de Nigrán onde se sinala a existencia doutro previo de adpatación ás normas urbanísticas vixentes por valor de 1.167.290,05 € que finalmente non se levou a cabo por parte da Xunta de Galicia. Traspasada a titularidade, a rúa segue sen estar acondiconada en superficie e retranqueos, a pesar que o proxecto data de 2005. O problema se agrava porque o pedido de traspaso feito polo alcalde Alberto Valverde non contaba cun informe de impacto económico dos técnicos municipais. A maiores, a dilixencia foi negociada de urxencia para acadar unha subvención de 220 mil euros da Deputación de Pontevedra para un proxecto menor na devandita estrada, sen tomar en conta que non era de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL