Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

#NIGRÁN DECIDE denuncia novo intento de privatizar a costa de Praia América.

Correo-e Imprimir PDF

monteferro-praias-nigranA candidatura NIGRÁN DECIDE denuncia unha iniciativa municipal coa que se intentará privatizar unha parte da costa de Nigrán. Concretamente sinalan unha concesión de uso de 180,45 metros cadrados a unha empresa privada para unha instalación dedicada a deportes náuticos publicada o pasado mércores na diario oficial da provincia. Advirten que este intento "únese ao de privatizar 1.2154 metros cadrados na Ramallosa, respecto ao cal, o candidato á alcaldía de Nigrán José Cuevas, xa presentou unha alegación".

#Nigrán Decide propón solicitar a Portos as instalacións do Club Náutico de Panxón para fins municipais.

Correo-e Imprimir PDF

jose cuevas euSegundo anunciou o pasado mércores o candidato a alcaldía José Cuevas no acto da candidatura celebrado en Panxón, pedirán á Portos de Galica que as instalacións do Club Naútico de Panxón pasen a ser de uso municipal e para goce da veciñanza. Nese acto expúxose que a concesión da explotación do edificio para actividades náutico-deportivas é do ano 1992, e o anuncio polo que se anuncia o concurso para a explotación de ditas instalacións foi publicado o 27 de maio de 1992 no DOG, indicándose que o prazo é de 20 anos, polo que tería rematado no ano 2012.
A candidatura pensa que nesas instalacións podería facerse un centro social e unha escola municipal de Vela.

#Nigrán: A trama da operación Patos segue baixo a lupa da policía xudicial e a xustiza.

Correo-e Imprimir PDF

A adxudicación da obra da pasarela do río Muiños atópase dentro das obras investigadas na Operación Patos, logo de ser adxudicada por 220.000 euros a unha empresa dun ex edil do PP  | Imaxe: Concello de NigránA xustiza segue acumulando informes relativos á operación Patos co obxectivo de desentrañar a presunta trama corrupta entre políticos e empresarios que entre outras administracións provocou unha requisa de documentación no Concello de Nigrán e a detención de José Álvarez, ex concelleiro de Vías e Obras do actual goberno municipal do Partido Popular

Veciños instan a reclamar ao Concello de #Nigrán a devolución do cobro das placas de vado por “ilegal”

Correo-e Imprimir PDF

vadoA Asociación Veciñal "Chandebrito 1807", sen descartar poñer estes feitos en coñecemento doutras administracións con competencias na materia, aconséllalle aos veciños que solicitasen a placa de vado permanente e recibisen a notificación da concesión que presenten un recurso de reposición contra a liquidación do tributo e que no caso de que xa efectuasen o pago que presenten un escrito reclamando a devolución do importe dos 25 € ingresados.

A Asociación Veciñal "Chandebrito 1807" denuncia "o cobro ilegal de 25 euros que se está realizando por parte do Concello de Nigrán en concepto de taxas pola concesión de placas de vado permante de entrada de vehículos a través de beirarrúas".
O colectivo veciñal argumenta que segundo a ordenanza municipal reguladora da taxa de entradas de vehículos en vigor, aprobada polo pleno municipal o 25-09-2014 e publicada no BOP do 16-10-2014, o pago dos 25 € "só procede cando non se trate da primeira entrega da placa ou ben cando a entrada de vehículos non sexa a través dunha beirarrúa por non ser neste caso o pago da taxa anual obrigatorio".

O BNG de Nigrán propón declarar Nigrán zona libre de circos con animais

Correo-e Imprimir PDF

 O BNG de Nigrán aproveitará o último pleno do presente mandato, para presentar unha moción ca que pretende que a corporación declare á localidade vila libre de circos con animais, prohibindo así a instalación deste tipo de espectáculos no termo municipal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL