Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Veciños instan a reclamar ao Concello de #Nigrán a devolución do cobro das placas de vado por “ilegal”

Veciños instan a reclamar ao Concello de #Nigrán a devolución do cobro das placas de vado por “ilegal”

Correo-e Imprimir PDF
vado

A Asociación Veciñal "Chandebrito 1807", sen descartar poñer estes feitos en coñecemento doutras administracións con competencias na materia, aconséllalle aos veciños que solicitasen a placa de vado permanente e recibisen a notificación da concesión que presenten un recurso de reposición contra a liquidación do tributo e que no caso de que xa efectuasen o pago que presenten un escrito reclamando a devolución do importe dos 25 € ingresados.

A Asociación Veciñal "Chandebrito 1807" denuncia "o cobro ilegal de 25 euros que se está realizando por parte do Concello de Nigrán en concepto de taxas pola concesión de placas de vado permante de entrada de vehículos a través de beirarrúas".
O colectivo veciñal argumenta que segundo a ordenanza municipal reguladora da taxa de entradas de vehículos en vigor, aprobada polo pleno municipal o 25-09-2014 e publicada no BOP do 16-10-2014, o pago dos 25 € "só procede cando non se trate da primeira entrega da placa ou ben cando a entrada de vehículos non sexa a través dunha beirarrúa por non ser neste caso o pago da taxa anual obrigatorio".

Protestan que aínda a "claridade" da ordenanza publicada, "as notificacións das autorizacións concedidas en todos os casos, exista ou non beirarrúa e se trate ou non da primeira entrega da placa, son enviadas aos solicitantes pola policía local acompañadas dun impreso de liquidación de tributos asinado polo alcalde de Nigrán para o seu ingreso en entidades bancarias colaboradoras e ata que non se acredite o ingreso se informa que non se poderá retirar a placa de vado das dependencias policiais."
Sinalan que a pesar de que estes feitos foron postos en coñecemento do goberno municipal por un concelleiro da oposición no último pleno municipal e pediu que se devolvesen de oficio ás persoas afectadas os importes cobrados irregularmente aínda a día de hoxe non se tomou ningunha medida ao respecto por parte do goberno municipal.
A Asociación Veciñal "Chandebrito 1807", sen descartar poñer estes feitos en coñecemento doutras administracións con competencias na materia, aconséllalle aos veciños que solicitasen a placa de vado permanente e recibisen a notificación da concesión que presenten un recurso de reposición contra a liquidación do tributo e que no caso de que xa efectuasen o pago que presenten un escrito reclamando a devolución do importe dos 25 € ingresados.
A asociación ponse a disposición dos veciños afectados para axudalos a facer as reclamacións que correspondan.