A candidatura NIGRÁN DECIDE denuncia unha iniciativa municipal coa que se intentará privatizar unha parte da costa de Nigrán. Concretamente sinalan unha concesión de uso de 180,45 metros cadrados a unha empresa privada para unha instalación dedicada a deportes náuticos publicada o pasado mércores na diario oficial da provincia. Advirten que este intento "únese ao de privatizar 1.2154 metros cadrados na Ramallosa, respecto ao cal, o candidato á alcaldía de Nigrán José Cuevas, xa presentou unha alegación".
"O modelo de turismo que se pretende facer en Nigrán é elitista, non estando orientado á maioría da poboación", denuncia José Cuevas. Engade que a súa candidatura xa nunciou a intención de recuperar as instalacións do club náutico de Panxón para a veciñanza, e a creación dunha escola de vela en ditas instalación.