Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

PSOE: "O Concello de Nigrán crea un novo espazo dunar a carón do río Miñor en Vilariño"

Correo-e Imprimir PDF

dunas vilarinho

"O concello de Nigrán traslada as dunas de Panxón á estrada de Ramallosa a Gondomar".

A area das obras do Centro de Saúde de Panxón acumulada a carón do Río Miñor "onde, a este ritmo, acabará creando unha praia artificial e danando ese tan fráxil espazo ecolóxico", denuncian dende o PSOE. Areas que segundo puido constatar este medio tamén están acumuladas en outras dúas fincas privadas no centro da vila de Gondomar.

Valverde levará ao pleno o contrato de cesión do PXOM coa empresa Eptisa

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de aprobación inicial do PXOMAlberto Valverde asegura que plantexará no próximo pleno a aprobación da cesión da redacción do PXOM a Eptisa trala aceptación desta última de subrogar todos os termos do contrato do que era titular a UTE Tinsa-Arnaiz, actualmente en concurso de acredores. Condición que non se cumpría na proposta orixinal votada negativamente nos dous plenos de outubro, e na que viuse obrigado a solicitar logo de que os últimos informes non recomendasen a cesión nos termos nos que pretendía o goberno de Valverde.

EU esixe ao Concello de Nigrán que faga públicas as medidas restritivas ao consumo de auga en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

foto-79Ante a nova publicada no Faro de Vigo  que sinala que a auga que recibe Porto do Molle non ofrece garantías para o consumo humano dende hai dúas semanas, Esquerda Unida pide denuncia resulta “lamentable” que na páxina oficial do Concello non apareza dita recomendación, “feito que non serve para a tranquilizar a poboación e un signo da opacidade coa que xestiona en Nigrán calquera tipo de problemática”.

Empresarios que participaron na construcción da lanzadeira varada en Nigrán pensaban que era para carreiras

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe da lanzadeira atopada en Area Fofa en 2009 | Imaxe VM.infoOs empresarios que colaboraron na construción da “lanzadeira” de contrabando abandonada nos areais de Area Fofa en Nigrán en 2009 aseguraron ao xuiz crían que era para a práctica deportiva de carreiras naúticas.

Os cativos de Camos quedan sen parque infantil ata novo aviso

Correo-e Imprimir PDF

parque-infatil-camosXogos rotos e inservibles. Randeeiras suxeitas con cordas sen cumprir normativa algunha. O valado que separa o espazo de lecer do aparcadoiro de coches desfeito. O voceiro socialista Juan González denuncia esta situación na que se atopa o parque infantil do Centro Cultural de Camos que, asegura “se converte nun perigo para os nenos e nenas”. Asegura que o parque leva catro meses nesa situación e que a pesar das protestas e informes dos veciños ao Concello de Nigrán, a administración segue sen dar unha solución. Pola súa banda, o alcalde popular Alberto Valverde afirma non ter recursos económicos nin humanos para acometer os arranxos e a maiores, afirma que o parque está en malas condicións dende o 2010, cando gobernaba o PSOE.  "En canto teñamos presuposto aprobado, esta será unha das cousas que teremos que arranxar”, promete nun comunicado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL