"O concello de Nigrán traslada as dunas de Panxón á estrada de Ramallosa a Gondomar".
A area das obras do Centro de Saúde de Panxón acumulada a carón do Río Miñor "onde, a este ritmo, acabará creando unha praia artificial e danando ese tan fráxil espazo ecolóxico", denuncian dende o PSOE. Areas que segundo puido constatar este medio tamén están acumuladas en outras dúas fincas privadas no centro da vila de Gondomar.
Os socialistas entenden que cumpre que o goberno de Nigrán aclare a autorización de retirada de estas cantidades de area e confirme "si a pretensión de Alberto Valverde e ampliar a zona ecolóxica do complexo dunar Praia América-Panxón ata o barrio de Vilariño en San Pedro da Ramallosa".