Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Empresarios que participaron na construcción da lanzadeira varada en Nigrán pensaban que era para carreiras

Empresarios que participaron na construcción da lanzadeira varada en Nigrán pensaban que era para carreiras

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da lanzadeira atopada en Area Fofa en 2009 | Imaxe VM.info

Os empresarios que colaboraron na construción da “lanzadeira” de contrabando abandonada nos areais de Area Fofa en Nigrán en 2009 aseguraron ao xuiz crían que era para a práctica deportiva de carreiras naúticas.

Así o aseguraron onte ante a Audiencia Nacional os seis empresarios que ofreceron servizos ou participaron na construción ou aloxamento do navío propiedade do falecido líder galego de narcotransportistas, Manuel Feijóo Abal “Patoco”. Ningún dos empresarios implicados sospeitou outros fins, a pesar que recibiron importantes cifras de diñeiro en efectivo que “Patoco” lles entregaba en bolsas; segundo informan diversos medios presentes no proceso xudicial.

A narcolanzadera, valorada en 1,5 millóns de euros, de máis de 18 metros de eslora e sete motores sincronizados que sumaban unha potenvia de 2.100 CV, foi incautada pola Garda Civil na mañá do 12 de febreiro de 2009 cando varios veciños de Nigrán informaban do seu varamento nos areais de Área Fofa.

A nave xunto cunha mochila atopada a un quilómetro desta con diversos aparellos de comunicación e documentos foi clave na desarticulación da, presunta, maior rede de narcotransportistas de Galicia que daban servizo a cárteles de Colombia e conectaban coas redes de distribución locais.

A operación policial que se desatou para neutralizar aos "Patocos" tivo un xiro, cando xuíces e fiscais decidiron, por primeira vez, procesar aos vendedores de lanchas, de teléfonos por satélite e de todo tipo de suministros e provisións que requiría o grupo. Todos eles atópanse entre as 26 persoas procesadas que serán xulgadas na Audiencia Nacional acusadas e que afrontan posibles penas que suman 322 anos de cárecere e 4.000 millóns de euros de multa.