Alberto Valverde asegura que plantexará no próximo pleno a aprobación da cesión da redacción do PXOM a Eptisa trala aceptación desta última de subrogar todos os termos do contrato do que era titular a UTE Tinsa-Arnaiz, actualmente en concurso de acredores. Condición que non se cumpría na proposta orixinal votada negativamente nos dous plenos de outubro, e na que viuse obrigado a solicitar logo de que os últimos informes non recomendasen a cesión nos termos nos que pretendía o goberno de Valverde.
Pesaba sobre a cesión contractual "un intento de re-negociación de elementos esenciais do contrato (prestacións a realizar e prezo do contrato)", segundo o departamento de Intervención, como adiantara VM.info horas antes da realización do plenoordinario. Os informes negativos que non foron aportados á comisión de asuntos xerais nin ao pleno extraordinario onde se pretendía a aprobación da cesión, motivo polo cal a cesión foi rexeitada de plano por parte da oposición e sobre a que o propio goberno abstívose.
O alcalde de Nigrán, afirma agora ter recibida a información, -requerida tanto polos técnicos municipais como polos grupos da oposición en primeira instancia- a través dun escrito achegado dende Eptisa, segundo deu a coñecer esta tarde nun comunicado aos medios. A intención do rexedor de Nigrán é agora elevalo para a súa aprobación no vindeiro pleno de decembro.
Valverde culpou do retraso da cesión do contrato aos grupos da oposición asegurando que podería terse aprobado hai un mes se así o quixexen o resto de corporativos. Acusa ao BNG e UCN de promover unha alternativa que pasa por "romper e comezar cero" o PXOM e ao PSOE de buscar "argumentos inexistentes co único obxetivo de desgastar a imaxe do goberno".
Malias acusacións do rexedor, o certo é que os informes xurídico e económico que deixaron en evidencia as grandes eivas do contrato que Valverde pretendía aprobar, non terían visto a luz se non fose pola petición expresa do resto de corporativos que así o solicitaron no pleno coa abstención do grupo popular. O mesmo alcalde recoñecía no pleno extraordinario a necesidade desa modifación do contrato, unha situación que os técnicos entedía non como unha "cesión" se non como a suscripción dun "novo contrato", procedemento que tería que seguir outros cauces de contratación pública legais, que non cumpría a subrogación do contrato.
Acta do pleno extraordinario de outubro 2014.