Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

PSOE esixe a reposición do mobiliario público deteriorado no paseo da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

papeleira-queimada-ramallos"A imaxe que se está a dar nun duns lugares máis transitados e visitados de Nigrán é de total abandono", denuncia o edil socialista Juan González. Informa que nas vésperas do día de Nadal queimouse e rompeuse a papeleira do paseo da Ramallosa "e case que un mes despois continúa exactamente igual "

Oposición rexeita realizar dous plenos para salvar os erros cometidos na aprobación dos orzamentos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

pleno cesionA oposición rexeita a celebración dun pleno extraordinario para salvar os erros procedimentais do goberno de Nigrán na aprobación dos orzamentos de 2015. O mesmo foi fixado trala celebración da comisión de contas para o vindeiro xoves ás 12 horas. Argumentan que os 14 días que o separan do pleno ordinario non xustifican a xuntanza co único fin de destrabar as contas cando xa están a rexer as prorrogadas de 2013 dende o 1 de xaneiro.

O goberno procura emendar con urxencia os erros cometidos na aprobación dos orzamentos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O goberno de Nigrán procura emendar os erros que retardan a vixencia dos orzamentos de 2015. Nese senso o alcalde Alberto Valverde convocou este xoves unha comisión extraordinaria de contas para o vindeiro luns para tratar con urxencia o punto. Tamén adianta que pretende celebrar un pleno extraordinario o día 15 de xaneiro. Dende o PSOE lembran ao rexedor que debido a súa "falta de previsión" e non contestación ás alegacións presentadas, os de 2013 xa están prorrogados. Pola súa banda, UCN esixe a Valverde que publique unha "anulación" no BOP da aprobación irregular dos mesmos do mes de decembro.

AGE esixe á Xunta que garanta a apertura do Centro de Tempo Libre do Panxón polo menos oito meses ao ano.

Correo-e Imprimir PDF

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou unha iniciativa parlamentar na que se esixe a Xunta de Galicia que garanta a apertura do Centro de Tempo Libre de Panxón polo menos oito meses ao ano tal e como o solicita o persoal da residencia apoiado en numerosas sinaturas recollidas por eles e entregadas no rexistro da Xunta de Galicia. O persoal do centro asegura que estas dependencias poderían ser rendibles manténdose abertas coma residencia todo o ano ou a meirande parte do mesmo.

Nigrán: goberno publica os orzamentos para 2015 sen levar ao pleno as alegacións presentadas.

Correo-e Imprimir PDF

Para o goberno municipal os orzamentos están definitivamente aprobados e así o publicou en fimre e por sorpresa na edición deste 30 de decembro no Boletín Oficial da Provincia. Sen embargo, Esquerda Unida e PSOE afirman que ao existir alegacións aos mesmos - EU presentou alegacións o pasado 26 de decembro - o goberno tiña obriga legal de someter todas as alegacións ao ditame dun pleno municipal que non foi convocado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL