Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán PSOE esixe a reposición do mobiliario público deteriorado no paseo da Ramallosa

PSOE esixe a reposición do mobiliario público deteriorado no paseo da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF
papeleira-queimada-ramallos

"A imaxe que se está a dar nun duns lugares máis transitados e visitados de Nigrán é de total abandono", denuncia o edil socialista Juan González. Informa que nas vésperas do día de Nadal queimouse e rompeuse a papeleira do paseo da Ramallosa "e case que un mes despois continúa exactamente igual "


Ironiza que para a súa retirada ou reparación "non se pode por a escusa de que é un problema herdado do goberno do PSOE nin que a culpa é de que non haxa orzamentos"
Advirte González "estas pequenas irregularidades fan que a imaxe do municipio siga a deteriorarse e os veciños e veciñas de Nigrán vexan cada vez con máis descrédito a política municipal que é a máis próxima ao cidadán"