Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno procura emendar con urxencia os erros cometidos na aprobación dos orzamentos de Nigrán.

O goberno procura emendar con urxencia os erros cometidos na aprobación dos orzamentos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O goberno de Nigrán procura emendar os erros que retardan a vixencia dos orzamentos de 2015. Nese senso o alcalde Alberto Valverde convocou este xoves unha comisión extraordinaria de contas para o vindeiro luns para tratar con urxencia o punto. Tamén adianta que pretende celebrar un pleno extraordinario o día 15 de xaneiro. Dende o PSOE lembran ao rexedor que debido a súa "falta de previsión" e non contestación ás alegacións presentadas, os de 2013 xa están prorrogados. Pola súa banda, UCN esixe a Valverde que publique unha "anulación" no BOP da aprobación irregular dos mesmos do mes de decembro.


O goberno do popular Alberto Valverde quere emendar o feito de ter aprobados e publicados no BOP uns orzamentos que aínda ten seis alegacións pendentes de resolver. As mesmas foran presentadas por Esquerda Unida e non levadas para o seu debate no pasado pleno de decembro cando cos votos dos concelleiros de goberno e mais o non adscrito Ignacio Vilas foron aprobados e o 30 de decembro publicados no BOP. A situación ten en suspenso a aplicación dos mesmos á vez que xerou críticas da oposición polo proceder do rexedor.
Dende o PSOE afirman que Valverde vese agora na obriga de prorrogar de novo os de 2013 ata tanto non resolva a irregularidade. "Dado que os orzamentos de 2013 xa están prorrogados e en vigor, o lóxico sería levar a aprobación definitiva das contas do 2015 ao pleno ordinario do 29 de xaneiro e dende o Partido Socialista así llo pedimos ao goberno do Partido Popular", sostiña esta tarde o edil Juan González.
"A lentitude e falta de previsión a posibles alegacións unido a falta de diálogo e participación, fai que sexa necesario levar de novo a pleno o proxecto de orzamentos de Nigrán de 2015", denunciaba González quen advirte que teme que despois desta convocatoria extraordinaria de contas "virá a convocatoria dun pleno extraordinario e con elo tan so xa adiantaríanse dez días sobre o ordinario de xaneiro"
"As veces as urxencias non son as mellores compañeiras de viaxe", engade o socialista que lembra unha recente situación similar como foi o pleno extraordinario e urxente para levar a cabo a aprobación inicial do PXOM "e o resultado desastroso que iso supuxo validando un documento que será necesario voltar a expor ao público".
Tamén nesta semana o edil Fernández Comesaña (UCN) esixiu ao alcalde a publicación inmediata no BOP dunha "anulación" da anterior que daba por aprobadas definitivamente as contas. Lembraba que as alegacións presentadas por EU o pasado 26 de decembro se fixeron en tempo e forma, sendo "desprezadas gravemente" polo rexedor ao non levalas ao pleno.
Nun comunicado, UCN advertiu a Valverde que tal comportamento, a parte de ser ilegal por vulnerar o disposto no art. 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, "demostra o seu desprezo á legalidade vixente". Polo que agora está obrigado a cumprir a lei, polo que coincidindo co PSOE, afirma que "non ten máis remedio que anulalo e proceder a prorróga automática dos orzamentos do ano 2013"

ÂÂÂÂÂ