Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

Xavier Rodríguez encabezará a lista do BNG nas eleccións municipais de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

Xabier Rodirguez portavoz do BNG de NigranXavier Rodríguez, portavoz municipal no presente mandato trala obrigada renuncia da anterior candidata, Cristina Fernández, encabezará por primeira vez a lista en Nigrán. Traballador do Museo Quiñones de León, estivo ligado dende novo aos movementos nacionalistas, primeiro no seo dos Comités Abertos de Facultade (CAF) da Universidade de Vigo, organización da que chegou a ser o seu responsable de organización e, xa posteriormente, en Galiza Nova e no BNG.

Esquerda Unida presenta as bases cara a unha candidatura de converxencia para Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O próximo sábado día 7 de febreiro ás 20:00 horas, no local da Asociación de Veciños “A Unión” de A Ramallosa, Esquerda Unida fará un acto público no que presentará as bases do programa da candidatura de converxencia na que participará nas próximas eleccións municipais en Nigrán. Para a elaboración do programa Esquerda Unida invita a participar a toda a cidadanía e colectivos sociais como poden ser as asociacións de veciños, organizacións medioambientais, culturais e deportivas, etc. 

O edil Juan González electo candidato do PSOE-Nigrán á alcaldía

Correo-e Imprimir PDF

juan gonzalezA Asemblea do Partido Socialista de Nigrán elixe por unanimidade a Juan A. González Pérez como candidato do PSOE á Alcaldía de Nigrán, despois de ter aberto un proceso de primarias abertas a aos militantes do partido.

Juan González, actual portavoz do PSOE no concello de Nigrán, e director da Fundación Érguete - Integración basea a súa proposta de goberno "en facer un Nigrán do que nos sintamos orgullosos e no que o Servizos Socias, o Emprego e a Educación sexan os eixos transversais dun goberno transparente e participativo"

A un mes da súa reparación volve quedar intransitable o Camiño da Barxa en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

barxaOs socialistas de Nigrán solicitan unha nova intervención municipal que dea solución a este problema que está a afectar a ducias de familias en Panxón.

O camiño recibiu en decembro unha capa de zahorra de forma provisional así como unha conexión temporal das tuberías para evitar vertidos, dando acceso ás vivendas. Un mes despois, segundo o PSOE, os vehículos non poden transitar o camiño, "e para camiñar pola carreteira teñen que sortear socavóns, ríos e un auténtico lamizal".

Socialistas denuncian o abandono municipal do proxecto de recuperación patrimonial de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

sendeiro2-chandebrito

O pasado decembro a Asociación Veciñal "Chandebrito 1807", reclamaba a urxente intervención do Concello de Nigrán para evitar o agravamento do declive do conxunto patrimonial. Muíños, gravados rupestres, restos castrexos e outras pezas de gran valor arqueolóxico e etnográfico eran sinalados como moi afectado pola falla mantemento e actos vandálicos. Sen embargo o goberno municipal "dá por rematado" o proxecto coa Unión Europea iniciado en 2005 que permitía o financiamento dos traballos de recuperación e posta en valor do enclave, segundo denuncia este luns o edil socialista Juan González.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL