Os socialistas de Nigrán solicitan unha nova intervención municipal que dea solución a este problema que está a afectar a ducias de familias en Panxón.
O camiño recibiu en decembro unha capa de zahorra de forma provisional así como unha conexión temporal das tuberías para evitar vertidos, dando acceso ás vivendas. Un mes despois, segundo o PSOE, os vehículos non poden transitar o camiño, "e para camiñar pola carreteira teñen que sortear socavóns, ríos e un auténtico lamizal".