Segundo anunciou o pasado mércores o candidato a alcaldía José Cuevas no acto da candidatura celebrado en Panxón, pedirán á Portos de Galica que as instalacións do Club Naútico de Panxón pasen a ser de uso municipal e para goce da veciñanza. Nese acto expúxose que a concesión da explotación do edificio para actividades náutico-deportivas é do ano 1992, e o anuncio polo que se anuncia o concurso para a explotación de ditas instalacións foi publicado o 27 de maio de 1992 no DOG, indicándose que o prazo é de 20 anos, polo que tería rematado no ano 2012.
A candidatura pensa que nesas instalacións podería facerse un centro social e unha escola municipal de Vela.