O PSOE instará ao Concello de Nigrán que solicite ao SERGAS a ampliación do prazo de solicitude do cambio de hospital ata fin de ano. O fará no vindeiro pleno nunha proposición de acordo na que tamén esixe habilitar espazos nos centros de saúde do municipio nos que se brinde asesoramento e información a quen estea interesado no cambio. Así, afirman recoller a inquietude levada adiante pola plataforma SOS Sanidade Pública do Val Miñor, que está a desenvolver coloquios informativos a tal fin, en diversos puntos da bisbarra.
A moción tamén inclúe unha solicitude de información ao SERGAS das novas condicións de asistencia sanitaria, nomeadamente o texto completo do convenio con POVISA recentemente asinado.
VIDEO charla sobre o cambio de hospital