Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Xunta pagará 75 millóns ao ano a Povisa, o centro que lastra as listas de espera do SERGAS

A Xunta pagará 75 millóns ao ano a Povisa, o centro que lastra as listas de espera do SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Fachada do hospital POVISA

SOS Sanidade critica a "enorme subvención" que cobrará a clínica viguesa durente, polo menos, oito anos, malia que se está a construír un hospital público.

O PP eloxiu a POVISA pese a recoñecer que é un lastre que leva anos lastrando as listas de espera do SERGAS chegando incluso a ser investigadas polo Valedor do Pobo.

O anuncio do venres de renovación do convenio entre a Xunta e Povisa non convence á Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (SOS Sanidade Pública). A plataforma carga contra un acordo que prorroga outra década o concerto con esta empresa privada, malia que en Vigo leva varios anos intentándose construír un novo hospital público.

SOS Sanidade Pública critica tamén o "oscurantismo" do acordo. A verdade é que os detalles feitos públicos pola administración son moi poucos. A Xunta apenas dixo o venrs que "trátase dun concerto de base capitativa, que establece unha cápita de 540 euros e que terá vixencia durante 8 anos, prorrogables por dous máis". En base a eses 540 euros por paciente e ano, SOS Sanidade Pública cifra en 75 millóns o custe para o tesouro público. Unha "enorme subvención pública" para unha empresa privada mentres o sistema público -o SERGAS- sufre recortes contínuos e establécense novos 'copagamentos'. O novo hospital público de Vigo debería estar listo, por moitos atrasos que haxa, antes de que se extinga o novo convenio con Povisa. SOS Sanidade pública alerta que a atención especializada seguirá en mans privadas, que ademais do canon anual poderá facturar a maiores por servizos como ciruxía. 

 
Na súa opinión, un novo goberno en Galicia debería anular o convenio con Povisa. Polo contrario, a Xunta opina que "este concerto garantirá a estabilidade do centro hospitalario Povisa e permitirá a libre elección para a súa poboación de referencia".
 
O Executivo estima en tres meses os trámites para firmar o novo convenio. Povisa sufriu mobilizacións dos seus traballadores este ano, en protesta polo recorte das súas condicións laborais.
 
Os veciños do Val Miñor sofren as listas de espera máis grandes de Galicia ao depender de POVISA.
 
En febreiro de 2013 facíase patente a controversia das listas de espera publicadas pola Consellería de Sanidade "con Povisa e Sen Povisa", para amosar que o crecemento da media de espera se debe principalmente a este hospital privado ao que están obrigados a asistir todos os veciños e veciñas do Val Miñor.

Xa hai tempo que a Consellería de Sanidade amosa os seus rexistros de listas de espera de dous xeitos: "con POVISA" e "sen POVISA". Deste xeito, o departamento sanitario da Xunta admitía  abertamente en febreiro o lastre que supón para o Servizo Galego de Saúde a dependencia deste centro privado, integrado no sistema público polo sistema de concerto e que é o centro hospitalario de referencia para unhas 100.000 persoas da área de Vigo. Nos últimos datos dispoñibles, de decembro de 2012, a lista de espera cirúrxica "sen POVISA" é de 63,6 días, pero sobe ata os 83,4 ao incorporarse o centro vigués. A razón é que o centro privado acumula esperas de 201,2 días. Malia estas evidencias, o PP aproveitou aproveitaba en febreiro un debate parlamentario sobre o novo hospital de Vigo para gabar da "calidade" de POVISA.

O pleno de febreiro abordaba unha proposición non de lei coa que o BNG apostaba por resolver o contrato público-privado para erguer e poñer a funcionar o novo centro. Un dos argumentos do Bloque para rexeitar o proxecto gobernamental é que a empresa privada que o leva adiante reduciu as dimensións do futuro hospital "para que POVISA siga tendo carta de natureza en Vigo", xa que o proxecto orixinal, do bipartito "ía eliminar a necesidade" de recorrer ao concerto coa privada", dicía Carlos Aymerich. Pola banda do PP o seu voceiro, Miguel Santalices, aproveitou a súa intervención para realizar unha acendida defensa do policlínico vigués, que mesmo chegou a ser investigado polo Valedor do Pobo a causa das súas disparadas lista de espera.
As listas de espera de POVISA, que superan os 200 días, chegaron a ser investigadas polo Valedor do Pobo, un día antes da súa dimisión.
Segundo Santalices POVISA é un centro "complementario" ao sistema público que "presta unha asistencia sanitaria de calidade". Por iso os conservadores "confían" en que a futura lei de garantías, que permitirá a libre elección de hospital, "sirva para que POVISA teña unha adscrición voluntaria de poboación". Pola contra, acusa, os grupos da oposición "o que queren é pechar POVISA" e así "llo dixeron aos membros do comité de empresa"  nunha recente reunión, acusa. O persoal dese hospital "non marchou satisfeito" das xuntanzas co Bloque, con AGE e co PSdeG, asegura, mentres que o PP lles deu garantías sobre a súa continuidade.
 
"O BNG non quere que acabe a sanidade privada, o que non queremos é que ocupe o lugar da pública", retrucou Aymerich, quen lamenta ademais que o Goberno galego teime en seguir adiante co sistema público-privado aínda que a concesionaria "xa incumpra os prazos" e tampouco libere o Goberno galego dos riscos financeiros, toda vez que Sanidade xa tivo que "ir buscar financiamento ao Banco Europeo de Investimentos e ao ICO". "O rescate procede cando así o esixe o interese público" segundo as normas que regulan a concesión e "o que cabe agora xa é resolver o contato, porque hai un incumprimento das obrigas esenciais da empresa contratista; nin dá financiado a obra nin cumpre os prazos". Así e todo, a proposta non sairá adiante e todo seguirá igual no proxecto tras un debate no que a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, accedeu a retirar a expresión "amado líder" referida ao alcalde de Vigo, Abel Caballero -pronunciáraa Santalices- e aproveitou para facer o propio con "presidente vaidoso", neste caso referido a Feijoo
 
Informacións recollidas nos medios Galicia Confidencial e Praza Pública