A Xunta aforrouse máis dun millón de euros ao traspasar sen acondiconar a Rúa Rans a Nigrán e pasoulle o "morto" ás arcas municipais. O dato despréndese da memoria do Proxecto de mellora da Rúa Rans que acaba de publicar o propio Concello de Nigrán onde se sinala a existencia doutro previo de adpatación ás normas urbanísticas vixentes por valor de 1.167.290,05 € que finalmente non se levou a cabo por parte da Xunta de Galicia. Traspasada a titularidade, a rúa segue sen estar acondiconada en superficie e retranqueos, a pesar que o proxecto data de 2005. O problema se agrava porque o pedido de traspaso feito polo alcalde Alberto Valverde non contaba cun informe de impacto económico dos técnicos municipais. A maiores, a dilixencia foi negociada de urxencia para acadar unha subvención de 220 mil euros da Deputación de Pontevedra para un proxecto menor na devandita estrada, sen tomar en conta que non era de Nigrán.
O proxecto que non se fixo.
Segundo a memoria do "Proxecto de Mellora da Seguridade na Rúa Ráns" -actual obra a desenvolver- existe un proxecto previo ó presente redactado polo enxeñeiro de caminos Roberto Aya Duarte. Este proxecto inicial incluía todas as obras de urbanización precisas para substituir as instalacións de servizos existentes de saneamento, abastecemento de auga, distribución de enerxía eléctrica, iluminación e dotar dunha rede de pluviais así como a pavimentación de beirarrúas e calzada. Incluía ademáis as actuacións necesarias para cumprir coa aliñación recollida no planeamento. O proxecto presentaba un orzamento de 1.167.290,05 €.
O antigo responsable o confirma.
A falla de acondicionamento legal da rúa así como a existencia do proxecto foi confirmada a este meido polo edil Antonio Fernández Comesaña. "Efectivamente, ese proxecto fíxose na miña etapa á fronte da concellaría de Novas Infraestructuras, creo recordar que foi no ano 2004/2005 e comprendia a urbanización total do vial adaptado ás normas subsidiarias, proxecto entregado no seu día na Xunta e que se estaba negociando a súa financiaciónquen en 2005", sinala o edil, agora na oposición. Engade que o prezoera de execución por contrata incluíndo tamén os impostos.
O pleno demandou que o alcalde intercedra ante a Xunta.
Se ben o mal estado das instalacións e a rúa foi acreditada por todas as forzas políticas de Nigrán, no pleno de xullo deste ano instouse a Valverde a que intercedera anta a Xunta para que fixera a necesaria urbanización antes de proceder á cesión de titularidade. A demanda tiña a súa xustificación, agora cando se acometa o acondicionamento será a cargo das arcas municipais.