Restos de podas, de obras, colchóns e todo tipo de lixo acumúlanse día a día na Rúa Romana Alta, no barrio de A Cabreira na Ramallosa. A agrupación socialista de Nigrán denuncia que a veciñanza ten solicitado sen éxito ao Concello de Nigrán a retirada deste vertedoiro a carón dos colectores municipais.
O edil Juan González (PSOE), lembra que este espazo urbano foi rehabilitado polo anterior goberno. Mais sinala que agora nel "mestúrase unha gran cantidade de lixo desbordando os contedores e ocupando a vía pública dando unha imaxe de deixadez absoluta por parte do goberno do Partido Popular"
"Dende o partido Socialista de Nigrán pedimos e esiximos a inmediata limpeza deste espazo antes de se converta nun perigo medio ambiental tal como se pode observar na serie de fotografías mes a mes do estado da Rúa Romana Alta", sinalan nun comunicado.