A familia dunha nena menor de idade denunciou onte o intento de secuestro da mesma por un varón na parroquia de Camos (Nigrán). A familia comunicou o incidente á Garda Civil de Baiona e púxose inmediatamente un dispositivo de busca coa Policía Local de Nigrán, seguindo datos aportados polos familiares do presunto delincuente.
O suceso produciuse no momento en que a menor deixou o transporte escolar para dirixirse á súa casa e foi abordada por un descoñecido que intentou introducila nunha furgoneta. A nena puido librarse e dar o aviso á súa familia. Esta, acto seguido, denunciou a situación e colocou avisos nas redes na procura da colaboración cidadá e achega de pistas.
Vídeo informativo Vía TV
Â
Â
Â
Dim lights Embed Embed this video on your site