Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán N-Decide presenta 37 medidas programáticas para investir ao socialista Juan González en #Nigrán.

N-Decide presenta 37 medidas programáticas para investir ao socialista Juan González en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran
Download this file (37 PROPOSTAS DE NIGRÁN DECIDE_REV.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Un paquete de 37 medidas que abranguen todas as áreas de goberno en materia de transparencia, participación e dinamización administrativa foi presentado por Nigrán Decide ao PSOE local. Entre elas algunhas moi concretas como que antes do 15 de setembro xa se teña un programa de cursos orientado a empresa aeronáutica "que vai a xerar 100 postos en Nigrán". O documento non plantexa cargos de co-goberno de ambas forzas, pero reclama un lugar na Mancomunidade do Val Miñor para Nigrán Decide. O petitorio foi recibido polo concelleiro Juan González e mais Jorge Rial nunha reunión que José Cuevas (N-Decide) definiu como cordial nun diálogo con este medio.


O encontro tivo lugar nesta xornada e tamén contou coa presenza do edil electo Anxo Mosquera (N-Decide) e segundo Cuevas, as 37 medidas serán estudadas polo equipo socialista. Se ben N-Decide fixo público que non evitará na investidura de Juan González como alcalde de Nigrán, a aceptación por parto do socialista de traballar nas medidas presentadas, será definitivo para que asemblea da agrupación poida acompañar cos votos dos dous edís propios a investidura.
"Esta proposta non supón un pacto de goberno", fai fincapé Cuevas, mais matiza que "servirá para definir a postura de NIGRÁN DECIDE na investidura, en función da resposta do PSOE".