Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida pide a publicación dos gastos dos grupos políticos de Nigrán

Esquerda Unida pide a publicación dos gastos dos grupos políticos de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Denuncian que PP, PSOE, BNG e UCN non xustifican o gasto de 17.490,13 euros.
Esquerda Unida denuncia que ningún grupo político entregou no Concello de Nigrán a contabilidade específica correspondente ás dotacións económicas recibidas do concello no ano 2013. "Feito que ven repetíndose durante toda a presente lexislatura", sinala José Cuevas, portavoz de EU.

Examinada por parte de Esquerda Unida a conta xeral correspondente ao ano 2013, atopan que non figura ningún documento de contabilidade especifica así como tampouco de facturas dos gastos dos grupos municipais "a efectos do seu coñecemento por parte da cidadanía e da súa fiscalización e posta a disposición do pleno municipal", afirman nun comunicado.

Lembra José Cuevas, que o diñeiro co que se dota a todos os grupos políticos para o seu funcionamento "é de toda a veciñanza de Nigrán, polo que tanto o Pleno Municipal, como toda a veciñanza de Nigrán teñen o dereito de coñecer en que gastan os grupos políticos municipais o diñeiro público"
Matiza que se ben esta contabilidade so se ten que poñer a disposición do pleno, c"ando este o solicite, o feito de que non xustifiquen os seus gastos pon de manifesto a hipocrisía dos grupos políticos con representación no concello de Nigrán cando falan de transparencia"

Sinalan dende EU que dos 17.490,13 euros, aproximadamente 6500 euros foron para o Partido Popular, 5900 euros para o PSOE e 5000 euros para o grupo mixto, do que forman parte un concelleiro do BNG e outro de UCN.
Esquerda Unida presentou unha reclamación, para que non se aprobe a conta xeral, en tanto os grupos políticos non presenten a contabilidade e as facturas dos gastos subvencionados polo concello.