Despois das peticións e xestións realizadas pola Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", a Deputación de Pontevedra adxudicou a obra de mellora das cunetas da estrada provincial de Vincios a Nigrán, na que se inclúe o tramo da Estrada de Pracíns, en Chandebrito.
Segundo informa a asociación a obra, prevista para novembro deste mesmo ano; ten como obxectivo a correcta canalización das augas pluviais para favorecer a conservación da estrada e evitar molestias e danos a vehículos e peóns que circulan por este.