Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

“Chandebrito 1807” reclama a inclusión no inventario municipal de tres camiños que prestan servizos públicos.

Correo-e Imprimir PDF

barrio da igrexaA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" informa que leva solicitando ” ao Concello de Nigrán “dende hai anos e en tres ocasións “que se engadisen tres carreiros da parroquia no inventario municipal de camiños. Afirman que os mesmos contan con diversos servizos urbanos de carácter público. Dous deles situados no barrio das Tomadas, o Camiño de Florentino Rial e o Camiño dos Vargos. Completa o reclamo o Camiño da Lapela, no barrio da Igrexa. Denuncian  que existen varias vivendas con acceso por eses camiños non contemplados no referido documento, “o que supón un prexuízo para os seus titulares”.

As praias de Nigrán quedaron sen socorristas dende o 1 de setembro.

Correo-e Imprimir PDF

caseta protecion-civil-nigrEsquerda Unida denuncia que desde o 1 de setembro as praias de Nigrán non contan con ningún socorristas. Advirten que as altas temperaturas manteñen a afluencia de bañistas ás praias do municipio sendo a ausencia de vixilancia un problema grave tanto para a seguridade destes como para a imaxe turística de Nigrán.

O PSOE esixe a Valverde que rectifique a decisión da responsable de Cultura e permita o pase da Volta dos 9.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranPara facilitar a rodaxe da película de ficción A praia dos afogados, o goberno de Nigrán non dubidou en trasladar un servizo social como o Roupeiro Municipal a varios quilómetros da súa sede durante varios días. Sen embargo, non amosou a mesma sensibilidade para ceder un día e durante poucas horas o Auditorio Municipal de Nigrán, para a estrea do documental A volta do 9, segundo denunciara Antonio Caeiro, director do filme neste medio. Supostamente a instalación ía estar ocupada no mes de setembro por unha ludoteca infantil. Cousa que non vai ocorrer e nin sequera estaba contemplada no calendario oficial de eventos que o concello fixo público para os meses de agosto e setembro segundo denuncia o edil e historiador socialista Juan González. Sinala o concelleiro que estase ante un novo “revés para a Cultura, en maiúsculas, do goberno de Alberto Valverde”. A película, baseada no asasinato de nove veciños do Val Miñor en mans de falanxistas en outubro de 1936, será finalmente estreada en Vigo o vindeiro 27 de setembro, como xa adiantara semanas atrás VM.info.

Veciños de Chandebrito recorren ao Valedor do Pobo para cobrar unha débeda de 330€ ao Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

chandebrito panel chan rotoA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807" leva catro anos esperando que o Concello de Nigrán lle pague 330 euros por concepto dunha axuda para proxectos de intervención e preservación de bens culturais concedida en febreiro de 2008. O monto total era de 660 euros de fondos municipais -dos que só recibiu o 50% nese ano- e logo aducindo falla de cartos a administración non pagou máis. Concedida polo goberno bipartito PSOE-BNG, sendo alcalde Efrén Juanes, os reclamos continuaron ante a actual administración do PP, presidida por Alberto Valverde, sen obter resposta. Meses atrás a asociación recorreu aos servizos do Valedor do Pobo para que intercedera ante o Concello, mais tampouco este puido conseguir que alcaldía achegar os informes demandados para iniciar a mediación. Os veciños consideran que a actitude das autoridades de Nigrán é "bochornosa" e piden a súa dimisión do goberno municipal.
A asociación "Chandebrito 1807", que recentemente tivera que facer fronte ás desfeitas nun conxunto de xacementos de arte rupestre, ve como novamente "o silencio administrativo" é a resposta as súas preocupacións pola conservación dos bens patrimoniais da súa parroquia.

Confírmase a destrución das laxes de Carlos Casares en Panxón durante as obras de remodelación.

Correo-e Imprimir PDF

casares-deturpadoO alcalde de Nigrán admite que as laxes conmemorativas do escritor Carlos Casares foron destruídas durante a recente reforma do paseo marítimo de Panxón. Deste xeito confírmase o denunciado por VM.info o pasado mes de xuño trala advertencia de veciños da zona que sinalaron a desaparición das mesmas do espazo coñecido como “Memorial a Carlos Casares” . Mais non foi o rexedor  Alberto Valverde quen comunicara publicamente a desfeita, senón o PSOE a través dun comunicado emitido hoxe no que sinala: “Ante á pregunta do Grupo Municipal Socialista no pleno do 21 de xullo  o Alcalde confirmou a súa destrución”. Nesa mesma sesión Valverde tería afirmado que as laxes se estaban a reconstruír. Declaración que tamén tomou estado público polo escrito remitido hoxe aos medios por parte do PSOE, pois as actas dese pleno aínda non están publicadas.  A todo isto, os socialistas denuncian que a un mes desas declaracións do alcalde aínda “non hai rastro das lousas”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL