Esquerda Unida denuncia que desde o 1 de setembro as praias de Nigrán non contan con ningún socorristas. Advirten que as altas temperaturas manteñen a afluencia de bañistas ás praias do municipio sendo a ausencia de vixilancia un problema grave tanto para a seguridade destes como para a imaxe turística de Nigrán.
José Cuevas, voceiro de Esquerda Unida en Nigrán, a ausencia de socorristas demostra que o goberno de Nigrán amosa "unha total falta de previsión, ante as condicións meteorolóxicas que se están a dar nestes comezos de setembro". Engade que "con medidas como esta non se vai a conseguir desestacionalizar o turismo, para xerar riqueza en Nigrán durante un período maior que xullo e agosto, que parece que é do único do que se preocupa o goberno municipal".
A agrupación pide ao concello que repoña o servizo de protección civil nas praias de Nigrán, e o manteña en tanto "as condicións climáticas permitan a afluencia da cidadanía as praias".