Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán

Nigran - Noticias de Nigrán e Val Miñor

O BNG de Nigrán solicita a comprobación da efectiva realización do plan de investimentos de CESPA

Correo-e Imprimir PDF

contenedores porto do molle2O BNG-Nigrán  vén de rexistrar unha petición para que na próxima Comisión Informativa se analice “o estrito cumprimento do plan de investimentos ao que viña obrigada a concesionaria da recollida do lixo”, segundo o estabelecido no prego de condicións e no plan aprobado polo pleno.

Xavier Rodríguez, portavoz nacionalista, sinala que o obxectivo desta iniciativa “é comprobar, tal e como entendemos que é obriga do concello, a efectiva e completa realización dos investimentos comprometidos para, caso de que non se teñan efectuado na súa totalidade e sempre que estes non se antoxen como imprescindibles, proceder á correspondente rebaixa no canon que se lle abona á empresa”.

O goberno de Nigrán alega non ter fondos para ampliar os campamentos infantís ao mes de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

O goberno de Nigrán descarta ampliar os campamentos infantís ao mes de agosto. Esta actividade que congregou próximo a 90 cativos no mes de xullo ca fin de conciliar o horario laboral das familias coas vacacións escolares non se estenderá por falla de fondos. Así o comunicou onte o goberno local no acto de clausura da actividade no colexio de Panxón, alegando que os orzamentos prorrogados de 2013 teñen as partidas das actividades socias e de conciliación esgotadas. A decisión da administración popular de Nigrán foi duramente criticada dende o PSOE por chegar a poucos días de que o alcalde Alberto Valverde anunciara unha urbanización do paseo fluvial do Río Muíños por valor de case 1 millón de euros e propuxera unha subvención á empresa organizadora do festival Portamérica de 30 mil euros, ambas as dúas con fondos propios do municipio.

UCN asegura que a moción do cambio de horario dos plenos orixinou unha nova crise no goberno de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

antonio-ucnO portavoz da Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández, afirma que a moción propoñendo cambiar o horario de celebración dos plenos ordinarios propiciou “unha nova crise no seo do goberno local”.  Nomeadamente entre o alcalde Alberto Valverde e o seu Tenente e concelleiro de Facenda Alberto García, “chegando ata a ausentarse do pleno antes da votación da moción, alegando razóns persoais”. sinala Fernández.  O portavoz cre que a razón abría que buscala “no feito de que a última hora no pleno, o alcalde recuou e cambiou a postura inicial do PP manifestada na Comisión Informativa de Asuntos Xerais, que votara a favor da moción de UCN, -Comisión que fora presidida polo Tenente de Alcalde-, deixando así en evidencia, non só ao Sr. García, senón tamén, aos outros tres concelleiros do PP”.

Aplazado o acordo para pasar os plenos de Nigrán ás oito da tarde

Correo-e Imprimir PDF

Pleno de NigránUnha moción presentada por UCN pedía pasar ás 20 horas o inicio dos plenos de Nigrán, a mesma hora que tiñan antes do inicio do mandato de Alberto Valverde que mudounos para as 10 da mañá complicando a asistencia da veciñanza.

Como adiantara VM.info, os 6 concelleiros do PSOE apoiaban a medida. Cando o tema entrou a debate, Xavier Rodríguez, edil do BNG pediu cambiar a hora de inicio ás sete da tarde. Segundo o portavoz nacionalista.  sería mellor hora "para conciliar a vida laboral e familiar dos veciños e"evitar plenos que rematen as 12 da noite". A rebaixa dunha hora foi aceptada por UCN pero non polos socialistas que expuxeron de primeiras a traba que supuña para unha das súas corporativas que non podería asistir aos plenos se se tomase esa decisión, e entendían que complicaba a asistencia da veciñanza que traballa polas tardes con horario de saída ás 20h.

O PP gobernará Nigrán cos orzamentos prorrogados de 2013 tras afondar discrepancias coa oposición.

Correo-e Imprimir PDF

Sesión plenaria NigránA intención do goberno de Nigrán de "subvencionar" con 30.000 euros á empresa organizadora do festival Portamérica rematou por afundir por terceira vez a proposta orzamentaria para o 2014 presentada polo goberno local.

Se os 9 membros da oposición xa amosaban o seu descontento pola exclusión da totalidade das enmendas que presentaron ao proxecto na anterior sesión, a inclusión desta modificación extraordinaria de crédito para conceder unha "subvención nominativa" de 30.000 euros á empresa viguesa Esmerarte Industrias Creativas, organizadora do festival portAmérica,  sen ningún informe que avaliara a mesma rematou por desbotalo.

Agora o concello deberá rematar este ano cos orzamentos prorrogados do 2013. Situación que podería estenderse ao vindeiro ano (electoral) de manterse a quebra do entendemento político entre o PP e o resto das agrupacións, estas maioritarias no pleno municipal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL